Aberto o prazo de inscrición para os premios á Transferencia de Tecnoloxía 2019

Ata o 31 de maio poderán presentarse as candidaturas ao certame, que galardoa casos de éxito en transferencia de coñecemento

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), xunto á Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre ata o 31 de maio o prazo de presentación de candidaturas aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía de Galicia 2019.

A RAGC e a GAIN colaboran de novo na organización deste certame, que chega á súa quinta edición, para recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía e, en particular, entre a comunidade investigadora e empresarial.

Publicidade

Nesta edición, e co obxectivo de facilitar a presentación de proxectos, redúcese a extensión máxima das memorias e simplifícanse as bases. Ademáis, as modalidades reformúlanse para que grupos de investigación e empresas teñan un mellor recoñecemento ás súas prácticas neste ámbito.

Convócanse tres premios distintos:

O premio “Francisco Guitián Ojea“ (formulario de inscrición en PDF) está dirixido a grupos de investigación que, a través do seu labor en I+D aplicada, desenvolveran unha tecnoloxía susceptible de ser aplicada ao sector empresarial pero que aínda non fose transferida. A dotación do premio ascende a 6.000 euros e pode presentarse calquera grupo, coa única condición de que estea adscrito a un centros tecnolóxico ou de investigación ubicado en Galicia.

Publicidade

No caso do premio “Fernando Calvet Prats” (formulario de inscrición en PDF), recoñecerase o traballo dun grupo de investigación no que a tecnoloxía creada fose xa transferida con éxito ao sector empresarial. Os destinatarios son, igual que na modalidade anterior, grupos radicados en Galicia e a dotación é tamén de 6.000 euros.

O premio “Ricardo Bescansa Martínez” (formulario de inscrición en PDF) busca o caso de éxito máis representantivo de innovación empresarial acadada a partir da transferencia de tecnoloxía. Poden concorrer empresas de calquera tamaño –galegas ou cun centro de traballo radicado en Galicia– que acrediten innovacións procedentes da adquisición dunha patente, dun proxecto conxunto con un ou varios grupos de investigación ou outro mecanismo calquera de transferencia. A dotación do galardón ascende tamén a 6.000 euros. As bases da convocatoria poden descargarse aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas