Detectan bacterias fecais e Aspergillus no haxix que se vende na rúa

Un novo estudo alerta dun "problema de saúde pública" por contaminación das landras de chocolate

O hachís que se vende na rúa é “un problema de saúde pública”. Así o recoñecen investigadores da Universidade Complutense de Madrid, que publican un estudo que detectou bacterias fecais e o perigoso fungo aspergillus en importantes concentracións no chocolate que, para facer o estudo, mercaron a multitude de camelos en varios barrios da capital e poboacións da comunidade autónoma.

A investigación foi dirixida polo profesor Manuel Pérez Moreno, da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, que obtivo 90 mostras de resina de cannabis, todas de diferentes camelos tanto en Madrid como en Parla, Fuenlabrada, Alcorcón, Móstoles, Coslada, Las Rozas e Alcobendas. O resultado é a primeira análise polo miúdo do chocolate que se vende pola rúa en España. “A maior parte do haxix vendido na Comunidade de Madrid non é apta para o consumo humano, principalmente debido a criterios microbiolóxicos, e representa un perigo para a saúde”, conclúe o seu estudo, publicado na revista Forensic Science International.

Publicidade

Os investigadores compraron o haxix preguntando por bares de barrios e poboacións de Madrid e acudindo a diferentes camelos. Posteriormente, levaron as mostras ao seu laboratorio e os resultados foron alarmantes.

O obxectivo do traballo era analizar a adulteración e contaminación da resina de cannabis para determinar se era apta para o consumo humano. “Os nosos resultados amosaron unha relación directa entre a forma das mostras (landra ou lingote) e a presenza de elementos estraños, adulterantes e contaminación microbiolóxica. Atopáronse elementos estraños no 64,7% das mostras en forma de lingotes e no 30,2% das mostras en forma de landra”, explican os investigadores.

Publicidade

Respecto a a contaminación microbiolóxica, o 93% das landras foron contaminadas por bacterias E. coli., unha cantidade moi superior á do 29,4% dos lingotes. Os científicos cren que esta altísima contaminación por bacterias E. coli nas landras de haxix responde a que son transportadas por ‘mulas’ que as inxiren envoltas en film transparente. E que as recuperan xa en España tomando un laxante e defecando.

Ademais, todas as mostras con cheiro fecal eran landras e estaban contaminadas por E. coli. Os científicos tamén atoparon que o dez por cento das mostras foron contaminadas por Aspergillus, un fungo que é moi perigoso nas vías respiratorias e que pode provocar a morte.

Os investigadores conclúen que “a venda ambulante ilegal de haxix constitúe un problema de saúde pública”.

Aquí podes consultar o artigo
publicado en Forensic Science International

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca