Figos máis frescos durante máis tempo

Coa chegada do outono, os figos son un dos tesouros máis prezados das hortas galegas. Froitas moi nutritivas, que achegan ao noso organismos altas cantidades de fibra, minerais (potasio, calcio ou ferro) e vitaminas (K, B1, B5 e B6). Grazas á súa pel suave, a súa pulpa melosa e o seu sabor doce, os figos son suculentos e fáciles de degustar. Por todo isto, actualmente existe unha alta demanda en canto ao consumo de figo fresco.

Aínda que en Galicia o seu consumo é xeralizado, Extremadura lidera a produción española de figo, cun total de 8.272 toneladas anuais, o que supón case o 29% do total español e 5.220 hectáreas de figueiras. Porén, produtores e consumidores deben afrontar un problema:a vida útil dos figos, unha vez recollidos é extremadamente curta, o que inflúe negativamente na súa comercialización.

Publicidade

Atoparon unha molécula que bloquea os receptores do etileno, un composto que acelera a maduración

Por iso, desde o Instituto Tecnolóxico Agroalimentario de Extremadura, en colaboración co Instituto Universitario de Investigación en Recursos Agrarios da universidade autonómica, traballan desde hai anos para atopar tecnoloxías post-colleita que permitan estender o tempo de almacenamento da froita, o que beneficiará directamente á industria e ao consumidor.

Manuel Serradilla, un dos investigadores e partícipes deste proxecto desenvolveu un sistema de vida útil de figo fresco, concretamente na variedade Albacor, estensible a calquera variedade. Tal e como explica o autor do estudo, “o figo ten capacidade de madurar fóra da árbore, polo que é necesario buscar alternativas que permitan atrasar esa maduración e, por tanto, dure máis”.

Publicidade

Esta rapidez na maduración prodúcese debido ao etileno, composto químico que actúa como hormona vexetal regulando os procesos de maduración mediante a súa unión a uns receptores para desencadear gran parte dos procesos ligados á maduración.

Neste sentido, explica Serradilla, “unha das tecnoloxías que utilizamos foi unha molécula análoga ao etileno, o 1- MCP, que bloquea os receptores do etileno e para a maduración”. Para iso, engade o investigador, “colleitamos a froita e directamente tratámola en cámaras mediante aplicación volátil desta molécula, conseguindo así cortar a maduración e que a froita quede tal e como foi colleitada”.

Grazas a esta técnica, os investigadores conseguiron que os figos chegasen a durar ata 21 días, sen que se altere o sabor nin a aparencia da froita, pois a unión desta molécula cos receptores de etileno é irreversible.

Serradilla subliña que “se un figo, ao recollelo, ten unha dozura de 18 graos Brix, ao aplicarlle esta técnica a dozura vai ficar igual”. Ademais, esta técnica aplícase de forma comercial noutros tipos de froita climatérica, como a ameixa e, por tanto, é totalmente viable para a industria do figo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos

Do ‘vermicompost’ ao uso de ozono: un estudo da USC avalía o impacto ambiental de alternativas agrícolas

A tese de Sara Lago evidencia que determinadas prácticas sostibles non sempre presentan un mellor desempeño cando son analizadas de maneira integral

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

As dietas pobres en cereais, verduras e sementes elevan o risco de infarto

A alimentación deficiente foi a responsable de catro millóns de mortes por cardiopatía isquémica en 2023