Detectan un fenómeno tectónico sen precedentes na costa portuguesa

Un xeólogo mariño apunta a posibilidade de ter atopado a primeira evidencia da laminación da litosfera oceánica preto da costa de Lisboa

Un equipo de xeólogos que dirixe o investigador João Duarte, da Universidade de Lisboa, afirma que identificou o que podería ser a primeira evidencia dunha placa tectónica laminada en dúas capas separadas baixo o océano. Este fenómeno tectónico, que ata agora só era hipotético, podería ser o responsable do nacemento dunha nova zona de subducción, onde unha das placas tectónicas da Terra é impulsada con forza baixo outra, e explicaría a alta actividade sísmica nunha zona que non está moi preto dun bordo de placa.

O traballo, que foi avanzado cun abstract exposto na asemblea da Unión Europea de Xeociencias (EGU) no mes de abril en Viena, aínda está pendente de revisións, pero podería abrir un interesante camiño na investigación da sismoloxía na península Ibérica. Duarte e o seu equipo levan anos estudando a historia sísmica da zona, marcada polo gran terremoto de 1755, que mesmo chegou a afectar a Galicia ademais de causar máis de 100.000 mortos e destruír por completo Lisboa. En 1969, outro sismo de importancia tamén se deixou notar nesta mesma zona.

Publicidade

Porén, o estrano destes sismos é que acontecen nunha rexión que, a priori, é unha chaira abisal no fondo do mar. O que propón o equipo de Duarte é que algo máis está a suceder nesa rexión. “Esta sismicidade está situada debaixo dunha capa sismicamente silenciosa, interpretada como unha fronte de serpentinización que se propaga a través do manto superior litosférico”, explican os xeólogos autores deste traballo.

A serpentinización é un proceso xeolóxico no que as estruturas rochosas absorben a auga e, segundo os investigadores, este podería ser o fenómeno responsable de que a litosfera oceánica fóra da costa de Portugal se lamine en dous, e provoque estes terremotos ao desintegrarse.

Publicidade

“Hai varios modelos tomográficos que representaron de forma consistente unha anomalía de velocidade que se estende ata 250 quilómetros de profundidade, xusto debaixo deste núcleo de sismicidade”, escriben os investigadores.

“Interpretamos esta anomalía como unha ‘pingueira’ litosférica causada pola laminación da litosfera oceánica. Se este é o caso, é a primeira vez que se identifica a delaminación da litosfera oceánica”.

Probando a súa hipótese con modelos informáticos, os primeiros traballos dos investigadores suxiren que unha capa de serpentinización na antiga litosfera oceánica podería xerar “zonas de desacoplamento horizontal” a través da placa oceánica, conducindo a rocha máis baixa e suave capa para ‘rachala’ e separala da capa superior.

Se isto se confirma, e apunta a que si, os investigadores propoñen que este fenómeno tectónico podería estar axudando a crear unha zona de subdución na rexión, onde unha placa tectónica termina sendo conducida baixo outra.

“Hoxe sabemos que a marxe do sudoeste ibérico se está reactivando“, explicou Duarte nun post do ano pasado. “Queda por saber se isto levará á aparición dunha nova zona de subdución, e probablemente o saibamos. Con todo, o comezo da subducción é un dos principais problemas sen resolver nas Ciencias da Terra e as costas de Lisboa poderían ser un laboratorio natural perfecto para investigar este problema”, expón Duarte.

Referencia: Delamination of oceanic lithosphere in SW Iberia: a key for subductioninitiation? (Geophysical Research Abstracts) (PDF).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia e Portugal alíanse para impulsar unha asistencia sanitaria centrada no paciente

O proxecto NEW HEALTH promove unha rede transfronteiriza que integra innovación tecnolóxica, investigación avanzada e datos para mellorar a calidade asistencial

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019

A perigosa bacteria que ataca os vexetais, ás portas de Galicia: “Non estamos preparados”

A 'Xylella fastidiosa' identificouse en case 600 especies e pode causar enfermidades graves e morte en oliveiras, cítricos, vides, froiteiras de óso e plantas ornamentais