Un estudo da USC vincula a presenza dalgúns minerais en cans con varias enfermidades

Investigadoras da Facultade de Veterinaria atopan cambios significativos de elementos traza en cans con problemas hepáticos, renais, infecciosos ou cancro

Unha investigación sobre o valor diagnóstico dos perfís minerais en cans desenvolvida polo grupo Investigación en Medicina Animal (IMedA) Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC permite establecer rangos de referencia para elementos esenciais e para o nivel de exposición a elementos tóxicos. Este estudo, cuxos resultados forman parte da tese de doutoramento realizada por Yolanda Cedeño Prócel, baixo a dirección das profesoras Marta Miranda Castañón e Marta López Alonso, posibilitou avanzar na identificación de alteracións clínicas asociadas con variacións séricas de elementos de traza e de parámetros bioquímicos.

As análises estatísticas realizadas ao abeiro desta liña de traballo, no marco puxeron de manifesto como os animais con patoloxías hepáticas, renais e inflamatorias-infecciosas tiñan variacións significativas dos principais elementos traza (cobre, selenio, cinc e molibdeno) no sangue. Ademais, máis do 25% dos casos oncolóxicos presentaban variacións importantes no perfil mineral. Para o traballo recolléronse mostras de preto de 190 cans, tanto sans como enfermos, estudados no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.

Publicidade

Estes resultados, salientan as investigadoras, apuntan que a determinación de elementos traza no sangue pode achegar información útil na patoxenia de certas enfermidades. A interpretación destes datos, en conexión con outros parámetros bioquímicos e ferramentas diagnósticas, ofrece ademais información importante que pode resultar de utilidade para tanto para o diagnóstico como para o prognóstico de diferentes enfermidades.

A investigación, que vén de ser publicada en dous artigos na revista Animals, responde a unha liña de traballo de carácter preliminar que serviu de antesala doutros estudos que se están a desenvolver tanto en medicina humana, en colaboración co Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA), como en animais de compañía (cans e gatos), pescudas que o centro universitario lugués colabora, entre outras, coa Facultade de Veterinaria de Zaragoza. 

Publicidade

As conclusións obtidas na primeira fase da investigación constatan que a análise de elementos traza no sangue ten un cometido importante na enfermidade, especialmente nas reaccións de fase aguda. O cobre actúa como medida indirecta da proteína de fase aguda positiva ceruloplasmina, mentres que o selenio (Se) e o zinc (Zn) son reactivos de fase aguda negativa. Ademais, o molibdeno (Mo) tamén podería ser un marcador temperán de enfermidades renais.

As deficiencias de elementos traza están asociadas cun maior risco de morbilidade e mortalidade, segundo se recolle neste estudo, no que se probou que as mascotas caninas con hepatite crónica presentan altos niveis de cobre (Cu) no fígado, ademais de taxas altas de cobalto (Co), manganeso (Mn) e zinc (Zn). Estas primeiras conclusións, aconsellan impulsar novas investigacións para estudar os potenciais beneficios asociados ou derivados da suplementación con oligoelementos antioxidantes en animais con enfermidades graves.


Referencias:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reciclar metais é un negocio prioritario a nivel ambiental, económico e xeopolítico

Xestionar aluminio require un menor consumo de enerxía e emite menos gases de efecto invernadoiro que extraelo da natureza

Poderán os cans falar algún día? A investigadora galega que busca a resposta

Dende o equipo BARKS da Universidade Eötvös Loránd de Hungría, Paula Pérez analiza as habilidades sociais e vocais que aproximan as nosas mascotas á linguaxe humana

Como sobreviven os cans á calor extrema do verán?

Un experto explica como os cans e os seus donos poden evitar golpes de calor estivais e protexer o seu benestar

Valdeorras, punto crítico da leishmaniose: dúas décadas de loita contra a grave doenza dos cans

Un estudo demostra que os casos están descendendo na comarca ourensá pero a patoloxía xa se considera unha endemia na zona