Unha dorsal subtropical subirá a temperatura ata os 26 graos a partir do domingo

Entre luns e xoves o ambiente será inestable e estará marcado por precipitacións intermitentes e valores baixos para a época do ano

A semana comeza cun ambiente máis propio do outono que do verán. Así comeza Meteogalicia a súa predición diaria na súa canle de X (antes Twitter). Dende o luns ata o xoves, o tempo será inestable e estará marcado por precipitacións intermitentes e temperaturas baixas para a época do ano, dado que non superarán, de media, os 20 graos en ningunha cidade galega. Unha borrasca situada ao oeste da península é a responsable da chuvia deste luns, que terá continuación doa chegada dunha DINA (depresión illada en niveis altos) entre o martes e o mércores. Segundo a predición de Meteogalicia, o tempo comezará a estabilizarse a partir do venres, malia que o cambio máis significativo de producirá o domingo: unha dorsal subtropical exercerá a súa influencia sobre Galicia e elevará os termómetros ata os 26 graos.

Con todo, a semana comeza revolta e continúa coa inestabilidade da pasada fin de semana. Unha fronte fría, asociada a unha borrasca situada ao oeste de Galicia, será a responsable dun luns de ceos moi nubrados, chuvias localmente fortes na vertente atlántica e temperaturas que non superarán os 20 graos de máxima. Unha situación moi semellante á do martes, que será un día marcado polo aire frío en capas altas. Isto provocará, de novo, precipitacións intermitentes que poden ser localmente treboentas e máis fortes conforme avance o día. As temperaturas manteranse sen cambios significativos nin nos valores mínimos nin nos máximos.

Publicidade

Unha DINA entre martes e mércores

Entre o martes e o mércores, os sevizos meteorolóxicos de eltiempo.es e Meteored agardan a chegada dunha DINA, que entrará por Galicia e alimentará a inestabilidade atmosférica dos días anteriores. O mércores será, de novo, un día chuvioso, de ceos nubrados e precipitacións treboentas. As temperaturas serán lixeiramente superiores na metade sur, con valores entre os 23 e os 25 graos en Vigo, Pontevedra e Ourense. Porén, o norte da comunidade continuará con temperaturas que roldarán os 20 graos. O cambio de tempo comezará a experimentarse a partir do xoves, cando a DINA se vaia desprazando cara ao leste. O meteorólogo Samuel Biener prognostica que o chorro polar reabsorberá a depresión o venres, e xa se comece a notar certa estabilidade na atmosfera.

Mellora significativo durante a fin de semana

Dende Meteogalicia explican que o aire frío en altura se irá retirando a partir do xoves. Malia que aínda será un día marcado pola inestabilidade, con ceos nubrados e chuvascos máis probables no norte, as temperaturas aínda permanecerán baixas para esta época do ano. Será a partir do venres cando comece a mellorar a situación. Malia que se agarda unha probabilidade de chuvia do 70%, espérase que a cifra diminúa ata o 40% o sábado e o domingo o tempo solleiro predomine o escenario. De cara ao vindeiro luns, as temperaturas xa acadarán os 26 graos, con valores máis propios de finais de xuño e da entrada do verán.

Publicidade

“Para a próxima fin de semana o panorama está máis claro. Imporase a dorsal subtropical e as temperaturas continuarán aumentando en case todo o país”, indica Biener nun artigo publicado este luns en Meteored. As altas presións, por tanto, bloquearán a chegada de borrascas e provocarán un aumento significativo das temperaturas en toda Galicia. O meteorólogo Mario Picazo coincide co prognóstico, agardando que o anticiclón predomine a partir da fin de semana, con ceos libres de nubes e temperaturas máis propias do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Yolanda Prezado: “O Centro de Protonterapia situará Galicia nunha situación privilexiada para investigar”

A física galega, premiada co Wonenburger 2026, consolidou a súa traxectoria en Francia e regresou en 2024 a Galicia para crear escola no eido da radiobioloxía

Unha recreación en 3D recupera a desaparecida casa de baños La Concha de Arosa

O CIAG crea unha visualización dixital dun edificio de finais do XIX que funcionou como polo turístico e centro do lecer aristocrático da época ata o seu peche tras a Guerra Civil

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

O valor da amabilidade ou por que os lobos teñen problemas de extinción e os cans, non

A prosociabilidade evolutiva decisiva para cans e humanos. Por Jonathan Benito Sipos