Vila de Tassilaq, na costa leste de Groenlandia.
Vila de Tassilaq, na costa leste de Groenlandia.

O desxeo de Groenlandia multiplicouse por 7 na última década

Un estudo de preto de 100 científicos publicado en "Nature" cuantifica os cambios nunha das principais masas de xeo do planeta

Un amplo estudo que Nature adianta este martes, á espera dunha última revisión, súmase ás evidencias científicas sobre o quecemento global e as posibles consecuencias para a planeta; o traballo, que analizou a evolución do desxeo de Groenlandia nas últimas décadas, calcula que a enorme illa, unha das maiores reservas de auga doce do mundo, perdeu desde 1992 arredor de 3,8 billóns de toneladas de xeo, unha cantidade suficiente para elevar o nivel do mar en todo o mundo en 1,06 centímetros. En total, a illa alberga a suficiente auga conxelada para, en caso de derreterse toda, aumentar o nivel do mar en seis metros.
O grupo de investigadores, que compón o chamado IMBIE (Ice Sheet Mass Balance Inter-comparison Exercise), onde toman parte 89 científicos polares de 50 organizacións, combinou 26 mostraxes separadas para calcular os cambios na masa da capa de xeo de Groenlandia entre 1992 e 2018, cos datos de 11 misións satelitais distintas, medicións dos cambios na capa, o seu volume, fluxo e datos sobre a gravidade.

As conclusións amosan, do mesmo xeito, que a taxa de pérdida de xeo aumentou dos 33.000 millóns de toneladas por ano nos anos 90 aos 254.000 na última década, o que vén sendo sete veces máis respecto ao comezo da análise. “Segundo as tendencias actuais, o desxeo de Groenlandia fará que 100 millóns de persoas sufran inundacións nas súas vivendas todos os anos a finais de século”, expón o profesor Andrew Shepherd, da Escola da Terra e Medio Ambiente da Universidade de Leeds, un dos líderes da investigación.

A predición concorda co empeoramento das previsións realizado nos últimos meses por institucións como a ONU a través do IPCC ou Climate Central. Estímase que en 2100 o nivel do mar aumente uns 60 centímetros, poñendo ata a 360 millóns de persoas en risco de sufrir inundacións anuais por este motivo.

Dez lugares de Galicia que estarán ameazados polo mar en 2050

Porén, a análise publicada esta semana expón un desxeo mesmo máis rápido do agardado, no camiño do peor escenario do IPCC, que predí ata un aumento de 7 centímetros máis.

“Como regra xeral, por cada centímetro de aumento do nivel global do mar, seis millóns máis de persoas están expostas ás inundacións; estes non son feitos improbables ou pequenos impactos, xa están tendo lugar e serán devastadores para as comunidades costeiras”.

O equipo usou tamén modelos climáticos rexionais para demostrar que a metade das perdas de xeo se deberon ao desxeo da superficie a medida que aumentou a temperatura. A outra metade debeuse ao maior fluxo dos glaciares a causa do aumento da temperatura do océano.

O máximo das perdas de xeo chegou en 2011, con ata 335.000 toneladas anuais de desxeo, 10 veces máis que na década de 1990, nun período de intensa fusión da superficie. A velocidade do desxeo ralentizouse nos anos seguintes ata unha media de 238.000 toneladas por ano, pero segue sendo sete veces maior. Ademais, os investigadores advirten de que aínda non está cuantificada a taxa de 2019, o que podería supoñer un novo máximo, segundo algunhas análises preliminares.

Unha das autoras principais do sexto informe de avaliación do Panel Intergobernamental sobre el Cambio Climático, Guðfinna Aðalgeirsdóttir, profesora de glaciología de la Universidad de Islandia, que non participo na investigación do IMBIE, declarou á Universidade de Leeds que “as observacións satelitais mostran que tanto a fusión como a descarga do xeo de Groenlandia aumentaron desde o comezo das observacións”. E apuntou tamén que “as capas de xeo de Islandia tiveron unha redución semellante nos últimos dous anos de rexistros, pero neste pasado verán, que foi moi caloroso, producíronse perdas incluso maiores”.


Referencia: Mass balance of the Greenland Ice Sheet from 1992 to 2018 (Publicado en Nature).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.