Descuberta na ría de Arousa unha nova especie de verme mariño

O Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM) vén de atopar unha nova especie para a ciencia. Trátase dun verme plano, atopado en aguas da ría de Arousa “e que ademais, dadas as súas características especiais que a diferencian dos seus parentes próximas, deu lugar á creación dun novo xénero”, segundo concreta este grupo investigador.

O novo animal, bautizado como Laqueusplana bocki, é un verme plano que pode alcanzar unha lonxitude en movemento de 25 milímetros. O seu corpo, de forma alongada e consistencia carnosa, presenta unha parte anterior amplamente redondeada que se vai estreitando cara ao final.

Publicidade

Segundo explica a entidade, non presenta tentáculos e ten dous tipos diferentes de ollos. “O seu corpo é de cor beige pálido con manchas marróns escuras distribuídas uniformemente”, segundo engade o GEMM. O nome da especie fai honra a Sixten Bock, experto zoólogo sueco. O traballo foi publicado en ‘European Journal of Taxonomy‘ e supón, segundo destaca o GEMM, “unha continuación do intenso traballo de catalogación da fauna mariña que o GEMM leva realizando desde fai sete anos en colaboración con diversas institucións de gran relevancia científica”.

Os investigadores colaboraron neste estudo co Museo de Ciencias Naturais de Madrid. Por iso, o GEMM informa da posta en marcha dun novo proxecto no que se ofrecerá a posibilidade de apadriñar a un animal mariño. Con esta iniciativa este grupo pretende conseguir o apoio económico necesario “para seguir adiante co importante labor que realiza, ofrecendo a posibilidade a calquera persoa ou entidade privada, de contribuír economicamente a unha investigación concreta”.

Publicidade

“Haberá a posibilidade de asociar o nome do padriño a todos os documentos xerados na investigación, ata mesmo poder dar nome a unha nova especie”, segundo explicaron.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ GCiencia pausa a súa actividade informativa con motivo da folga xeral polo dereito a vivenda

A web e as redes sociais do medio permanecerán sen actualizacións ao longo de todo o mércores e retomarán o seu funcionamento habitual o xoves

Os 10 marcadores xenéticos que fan único o can de palleiro e aseguran o futuro da raza

Un estudo liderado polo investigador da USC Paulino Martínez demostra que contan cun patrimonio xenético propio e diferenciado e manteñen un nivel de consanguinidade moderado

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional