Detectado o primeiro caso no mundo de covid nunha londra salvaxe en Valencia

Os investigadores atribúen o contaxio ao posible contacto con augas residuais contaminadas e alertan de que se poidan converter en reservorios do virus

Investigadores da Universidade CEU Cardenal Herrera (CEU UCH) de Valencia, o Instituto de Biomedicina de Valencia (CSIC) e a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) detectaron o primeiro caso de SARS-CoV-2 nunha londra de río europea. Trátase dun exemplar de londra de río euroasiática (Lutra lutra), cuxos restos se atoparon preto dun encoro na Comunidade Valenciana.

O achado supón o primeiro caso de detección do virus nesta especie salvaxe a nivel mundial

O achado supón o primeiro caso de detección do virus nesta especie salvaxe a nivel mundial, e acaba de publicarse na revista científica internacional Frontiers in Veterinary Science. A detección do virus realizouse mediante dous tipos de probas PCR diferentes en ARN extraído da nasofarinxe do animal mediante hisopo e do tecido pulmonar e de ganglios linfáticos mediastínicos.

Publicidade

Segundo explica Consuelo Rubio, investigadora principal do Grupo en Virología Molecular da CEU UCH e coautora do traballo, “na secuenciación do virus, descubrimos cambios que xa foran identificados en mostras de pacientes humanos, o que apunta á orixe humana do virus detectado nesta londra silvestre, aínda que a súa combinación específica era distinta. O contaxio podería producirse por contacto con augas residuais contaminadas co virus presentes na zona fluvial habitada pola londra”.

Na investigación analizáronse mostras procedentes de restos doutras dúas londras achadas en zonas distantes, que resultaron negativos.

Publicidade

Primeiros casos en animais silvestres en Europa

Este equipo integrado por investigadores da CEU UCH, o IBV-CSIC e a UAB tamén detectou en maio do ano pasado dous casos positivos de coronavirus SARS-CoV-2 en visóns americanos silvestres, en dous ríos da provincia de Castellón. Estes foron os primeiros casos en Europa do virus en animais silvestres, que non estiveran en contacto directo con persoas infectadas.

Xa entón, no artigo publicado na revista Animals, os investigadores expuxeron a posible orixe do contaxio por contacto destes animais de vida acuática con augas residuais contaminadas en áreas fluviais.

“Distintas especies animais estiveron involucradas nos tres gromos de síndrome respiratoria aguda causados por outros coronavirus en epidemias anteriores en 2005, 2012 e 2019. Pero en relación coa pandemia de SARS-CoV-2, os nosos achados en exemplares tanto de visóns como de londra poñen de relevo a necesidade é establecer un sistema de vixilancia deste coronavirus en mustélidos silvestres”, comenta Rubio.

“Isto permitiría avaliar o risco de que estes animais poidan converterse en reservorios do SARS-CoV-2, dando lugar a novas mutacións do virus que poidan volver contaxiar humanos ou outras especies silvestres en caso de contacto con mustélidos contaxiados”, conclúe.


Referencia: The finding of the severe acute respiratory syndrome coronavirus (SARS-CoV-2) in a wild Eurasian river otter (Lutra lutra) highlights the need for viral surveillance in wild mustelids (Publicado en Frontiers in Veterinary Science)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Unha tese galega explora o potencial inmunomodulador e neuroprotector do litio fronte á covid-19

A investigación identifica cambios en biomarcadores inflamatorios e parámetros inmunolóxicos en pacientes tratados co fármaco

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé