Confirmado o primeiro depredador da velutina en Europa

Científicos do CSIC e da Universidade Pompeu Fabra atopan cun estudo de ADN que o miñato abelleiro tamén ataca á vespa asiática

Non. O miñato abelleiro (Pernis apivorus) non vai rematar coa praga da vespa velutina, pero por primeira vez se confirma a existencia dun depredador en Europa para esta especie chegada de Asia. A pouca presenza do abelleiro e a masiva presenza da vespa asiática fan que súa acción sexa case anecdótica para erradicar a invasión. Pero científicos do Instituto de Bioloxía Evolutiva ( IBE-CSIC) e da Universidade Pompeu Fabra (UPF) veñen de confirmar nun estudo que estas rapaces son o maior inimigo da avespa asiática en España, xa que son capaces de depredar os niños activos da velutina mesmo nos momentos de máxima actividade e produtividade das súas colonias, que coinciden cos de maior demanda de alimento do abelleiro europeo.

Para a elaboración do traballo, publicado na revista especializada Bird Study, os investigadores estudaron de preto, entre os anos 2011 e 2018, os niños dunha poboación destas aves que nidifica nos parques de Barcelona.7

Publicidade

Fixáronse nos avispeiros que depredaban os adultos para alimentar ás súas crías e viron que as celas eran de dimensións moi grandes, co que só podían pertencer a unha especie de avespa moi rara na zona, a Vespa crabro ou ‘ avispón’, ou á avespa asiática.

Unha análise xenética posterior confirmou co ADN que se trataba da especie asiática. O interesante do estudo é que se identifica ao primeiro depredador da vespa velutina en Europa, aínda que ten algúns en Asia, de onde procede.

Publicidade

No novo traballo, os investigadores da Pompeu Fabra salientan o bico destas rapaces, “perfecta”, aseguran nun comunicado , para extraer a gran velocidade as larvas dos niños de avespa asiática.

Así mesmo, o autor principal do traballo, Francesc Xavier Macià, apunta que “estas aves teñen unha habilidade extrema para localizar os niños das avespas construídos tanto en superficie como baixo terra”. O abelleiro europeo confírmase dende agora como a primeira especie que se coñece en Europa capaz de depredar as súas colonias.

Aquí podes ler o artigo publicado na revista Bird Study

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

A alga asiática que arrasa Cádiz chega as Cíes e expándese pola costa galega

Unha especie invasora detectada previamente en Cádiz consolida a presenza en augas do noroeste e preocupa polo seu impacto ecolóxico e económico