Como impactará a borrasca Elisa en Galicia?

Non terá tanta intensidade como Ciarán ou Domingos. O sábado será o día con máis precipitacións

Tralo paso de varias borrascas de grande impacto, como Ciarán ou Domingos, chega Elisa: unha fronte nomeada este xoves por Météo-France. Atópase situada no oeste de Irlanda e será moito máis leve en comparación coas anteriores borrascas que viviu Galicia nas últimas semanas. Só unhas poucas rexións da península notarán os seus efectos. De feito, a última parte da semana será relativamente tranquila, con situacións intermedias onde poderán abrirse os ceos. O venres entrará unha fronte na segunda metade do día, e será o sábado a xornada con máis precipitacións. As temperaturas subirán polo vento forte do suroeste.

Dende MeteoGalicia explican que Elisa está nunha zona moi “afastada” da nosa comunidade e que pode deixar vento. Na xornada do xoves as temperaturas baixarán e haberá chuvascos illados. O venres, a situación será de transición, cunha fronte que entrará pola tarde. Agárdanse chuvias, máis intensas no oeste. Pola influencia do vento de compoñente sur, subirán as temperaturas, sendo fortes no litoral atlántico. Está activa a alerta laranxa no mar. Xa de cara ao sábado entra unha nova fronte. Neste día predominarán os ceos nubrados e as precipitacións serán máis persistentes na Coruña e Pontevedra.

Publicidade

As temperaturas soben. Na Coruña poderase chegar aos 20 graos, e as mínimas xirarán arredor dos 14. Poden haber fortes refachos de vento, especialmente en zonas da Mariña Lucense. O domingo xerá unha xornada moito máis tranquila. MeteoGalicia explica que o ceo estará parcilamente nubrado, con nubes máis compactas na franxa atlántica. Pola tarde entrará unha nova fronte que descargará precipitacións de oeste a leste. Xa de cara a semana que vén, o organismo informa que Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións.

É posible que continúen entrando frontes polo litoral atlántico. Na Coruña e Pontevedra poderá haber fortes precipitacións pero en Lugo e Ourense espérase un tempo seco. “As temperaturas acadarán valores propios da época do ano”, explican dende MeteoGalicia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias