Unha profunda borrasca atlántica traerá a Galicia outra fin de semana pasada por auga

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e nalgunhas zonas poderase chegar aos 20 graos. O sábado será o día con máis precipitacións

O paso dunha profunda borrasca no Atlántico deixará outra fin de semana pasada por auga e afastará a posibilidade de ter un verán de San Martiño en Galicia. Denomínase popularmente así a un período que se dá a mediados de novembro e que se caracteriza por un tempo cálido antes da chegada do frío. Os termómetros elevánse por unha situación anticlónica que deixa temperaturas máis propias da primavera, con xornadas sen chuvia e ceos despexados. Con todo, Galicia está moi lonxe de vivir unha situación así. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso polos ventos do suroeste, pero o sábado será un día de moita chuvia.

O venres será un día cunha situación intermedia e un centro de baixas presións chegará na segunda metade do día. Segundo explica eltiempo.es, no seo da fronte formarase unha “baixa secundaria” que tocará terra en Francia e unha fronte asociada chegará ao noroeste peninsular. O sábado 11 de novembro a probabilidade de precipitación será moi alta. Esta fronte afectará a todo o norte peninsular, descargando chuvias máis intensas en Galicia, o Cantábrico oriental e os Pirineos.

Publicidade

A Coruña poderá chegar aos 20 graos

O verán de San Martiño non coincide tódolos anos na mesma data, mais adoita ocorrer a mediados de novembro, coincidindo coa festividade. Esta semana Galicia está baixo os efectos dun tren de borrascas que mantén a inestabilidade atmosférica que se vén dando dende hai semanas, co paso de borrascas explosivas que deixaron miles de incidencias. Despois duns primeiros días de outubro no que se acadaron récords históricos de temperatura, a chuvia chegou para quedarse en Galicia. O paso de sucesivas borrascas, como Ciarán ou Domingos, ocasionaron temporais por terra e por mar e impediron que os galegos puidesen soltar os paraugas.

Aínda que esta sexa unha semana máis tranquila despois do paso da borrasca Domingos, as temperaturas experimentaron un pronunciado descenso o pasado luns. A entrada dunha masa de aire frío baixou os termómetros e provocou xa as primeiras nevadas en zonas como Teruel, Ávila e Logroño. Con todo, en Galicia esta fin de semana as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, máis pronunciado nas mínimas. A Coruña poderá chegar aos 20 graos e as mínimas en todas as provincias estarán por riba dos 14. Xa de cara ao domingo agárdase unha xornada máis tranquila e seca nalgúns puntos de Galicia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o venres

A Xunta acende o aviso laranxa por altas temperaturas no noroeste da Coruña e na montaña de Ourense e o amarelo na montaña de Lugo e en Valdeorras

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior