“Cicloxéneses moi intensas”: así será o tempo en Galicia nos próximos quince días

As altas presións instaladas en Escandinavia están provocando que as borrascas e frontes asociadas circulen máis ao sur

Os meteorólogos advirten dun cambio importante na circulación atmosférica. Ao parecer, as altas presións instaláronse en Escandinavia, o que provoca que as borrascas e frontes asociadas circulen máis ao sur. Dada esta situación, prognostícase “unha maior proximidade de borrascas nas próximas dúas semanas”. Segundo a análise de Juan Jesús González Alemán, investigador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta situación “pode dar lugar a cicloxéneses moi intesas” que afecten a península ibérica e, sobre todo, a Galicia.

Unha tese que tamén apoian dende a Revista para o Aficionado á Meteoroloxía (Meteored). As súas análises sosteñen que esta situación persistirá durante varios días e que conforme transcorra a semana, as frontes serán máis activas e, polo tanto, “asociadas a borrascas máis rápidas e profundas”. Polo tanto, segundo explica o investigador de Meteored Víctor M. González, “as previsións a longo prazo son firmes” con respecto ao que queda de mes. Espérase que esta segunda quincena sexa moi húmida, sobre todo na fachada atlántica e, polo tanto, en Galicia.

Publicidade

Dende Meteored tamén explican que se espera que se nomee algunha borrasca, o que denotaría o seu alto impacto. Ao parecer, as chuvias non só serán abundantes esta semana; o patrón tamén se repetirá na seguinte. Segundo o seu prognóstico, e dada a chegada de frontes atlánticas cada vez máis activas, “as precipitacións máis cuantiosas espéranse no oeste de Galicia, e concretamente a aquelas zonas mellor expostas ao oeste”. Continuando coa previsión de Meteored, ao longo desta semana poden acumularse máis de 200 l/m2.

Alertas activadas en Galicia

As chuvias xa chegaron a madrugada do pasado domingo a Galicia. O principio da semana tamén se mostrou húmido e xa se activaron varias alertas de cara aos próximos días. Para este martes hai alerta amarela por precipitacións en varios puntos do país, como as provincias da Coruña e Pontevedra e as montañas de Lugo. A alerta laranxa actívase no mar, tanto na Costa da Morte como na zona noroeste da Coruña. Unha situación semellante á prevista para mañá, mércores. Mantense a alerta laranxa neses puntos e amplíase cara ás Rías Baixas por mar de fondo con ondas de entre 5 e 6 metros. Tamén se mantén alerta amarela por precipitacións nas provincias atlánticas.

Publicidade

No que respecta á previsión de Meteogalicia de cara aos vindeiros días, espéranse ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente anubrados, e con precipitacións todos os días. En relación ás temperaturas, “serán normais” para a época do ano. A situación semella manterse de cara á fin de semana e a vindeira semana, sen cambios na situación meteorolóxica. “Galicia manterase na influencia das borrascas atlánticas con entrada sucesiva de frontes e predominio de ventos de compoñente oeste”, sinalan fontes de Meteogalicia. Polo tanto, haberá unha alta probabilidade de chuvia en Galicia para a próxima semana, tamén con tempeturas propias deste período.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla