Venres 11 Outubro 2024

A NASA confirma que a misión Artemis I está lista para despegar á Lúa

Tras os sucesivos retrasos por motivos técnicos e meteorolóxicos, está previsto para este mércores o seu lanzamento ao espazo

Despois do paso do furacán Nicole, a NASA confirmou que segue en marcha o lanzamento da misión Artemis I durante unha ventá de lanzamento de dúas horas que se abre ás 07:04 horas (hora peninsular española) mañá, mércores 16 de novembro, un acontecemento que será retransmitido pola propia NASA en español na canle de YouTube. Actualmente, o foguete Space Launch System (SLS) desta misión atópase na plataforma de lanzamento do Centro Espacial Kennedy en Cabo Cañaveral (Florida, EE UU) preparado para despegar coa nave non tripulada Orion

Artemis I é a primeira misión dunha serie que abrirá camiño camino para que os seres humanos poidan volver á Lúa e, nun futuro, tamén viaxar a Marte. Neste sentido, enmárcase dentro do programa Artemis da NASA que, entre outros obxectivos, pretende que a primeira muller e a primera persoa de cor pisen a súa superficie, ademais de construír unha base lunar e preparar futuras misiós ao planeta Marte. 

Publicidade

A nave Orión, impulsada polo foguete SLS, chegará ata a órbita da Lúa, onde pasará seis días dando voltas ao seu arredor. A bordo viaxarán tres maniquíes para medir a radiación, así como tamén outros parámetros que experimentarán os futuros tripulantes na súa viaxe ao noso satélite.

Unha vez en órbita translunar, a nave tamén liberará 10 CubeSats (pequenos satélites) que servirán para planificar próximas misións, protexer os astronautas e controlar e analizar o planeta Terra. 

Publicidade

Módulo de servizo europeo

Durante a viaxe á Lúa, a nave Orión levará a cabo unha manobra de corrección e situarase nunha órbita retrógrada distante (DRO, na que se require pouco combustíbel para permanecer nela), coa axuda dun módulo de servizo desenvolvido pola Axencia Espacial Europea (ESA). 

Este módulo tamén proporcionará aire, agua, electricidade e propulsión a Orion. Ademais, a ESA encargarase do seguimento de seis dos dez CubeSats, que despois quedarán no espazo con diversos fins científicos.

A órbita será “distante” porque se encontra a gran altura con respecto á superficie lunar, e é “retrógrada” porque Orion viaxará arredor da Lúa en dirección oposta respecto de como esta xira en torno á Terra. 

Entre 26 (duración máis probable) e 42 días de misión, está previsto que a cápsula se asente no océano Pacífico. Durante a reentrada atmosférica, a nave acadará os 40.200 km/h, unha última etapa que tampouco estará exenta de riscos.

No suposto de que a misión Artemis I resulte exitosa, o programa continuará con Artemis II en 2024, onde catro astronautas repetirán a viaxe non tripulada arredor do noso satélite que comenza agora Orion.

Estación lunar Gateway

Neste contexto, está pendente a mostra de Gateway, unha estación que orbitará a Lúa a partir dese ano, en 2024, e que facilitará o pouso neste satélite das naves de Artemis.

Posteriormente, un ano máis tarde, en 2025, despegará Artemis III, que levará finalmente á primeira muller a pisar a superficie lunar, nunha das 13 rexións do polo sur candidatas para albergar esta chegada á Lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como ver dende Galicia a eclipse parcial de lúa desta madrugada?

O fenómeno coincide co satélite na súa fase chea e moi próximo ao perixeo, o cal deixará unha influencia moi notable nas mareas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...