A globalización e a crise climática fan imparable o avance de especies invasoras en Galicia. Por citar algúns protagonistas dos últimos anos, o picudo vermello chegou de Asia para arrasar as palmeiras; a couza Tecia solanirova veu de Guatemala para infestar as comarcas pataqueiras; a avespiña do castiñeiro pasou de China á provincia de Ourense; e a vespa velutina é xa unha praga asiática en todo país.
Pero algunhas especies poden ser aínda máis prexudiciais, porque son vectores de enfermidades. É o caso de dous mosquitos africanos relacionados con doenzas como a febre amarela. O primeiro, o Aedes vittatus, xa foi localizado en Galicia no ano 2017 no sur da provincia de Pontevedra. O segundo é o Aedes japonicus, que foi atopado en Asturias e Cantabria, e todo indica que tamén está xa asentado en Galicia, ata o punto de que este verán se vai facer un estudo entomolóxico para documentar a súa expansión.
Aedes vittatus está extendido por África e Asia, pero avanza cara a latitudes máis altas, como amosa a súa localización en Galicia en setembro de 2017, cun exemplar atopado na parroquia de Cequeliños, no concello de Arbo, en Pontevedra. O proxecto de ciencia cidadá Mosquito Alert conseguiu a súa identificación. Aquel exemplar foi depositado no Servei de Control de Mosquits del Consell Comarcal del Baix Llobregat, en Cataluña.
No portal Mosquito Alert, os cidadáns poden enviar fotos de mosquitos que atopen e que polo seu aspecto semellen sospeitosos. Unha rede de expertos analiza as mostras e determina se estamos ante unha especie invasora.
En canto a Aedes japonicus, xa está localizado e probablemente asentado en Asturias e Cantabria, segundo apunta o proxecto de vixilancia entomolóxica do Ministerio de Sanidade, mentres todo apunta que xa está en Galicia, para pasar nos vindeiros anos tamén a Castela e País Vasco. “Xa é tarde para erradicalo e a súa probable expansión nos vindeiros anos será en forma de mancha de aceite”, dicía o catedrático Javier Lucientes, da Universidade de Zaragoza e responsable do plan do ministerio nunha recente entrevista en El País.
Aedes japonicus é un vector nativo en Corea, Xapón, Taiwan, Sueste de China e Rusia, pero se foi expandindo a novas áreas xeográficas dende a década de 1990. En Europa foi detectado por primeira vez no ano 2000 no norte de Francia (Normandía, Orne) e, posteriormente, identificouse en varios países do centro e norte de Europa. En América, estableceuse nos Estados Unidos nos anos 90 e foi detectado tamén ao sur do Canadá.
Este mosquito ten capacidade de transmisión do virus do Nilo Occidental e diversos estudos de laboratorio demostran que é un vector competente para a transmisión doutros virus como Dengue ou Chikungunya.
Todo indica que o problema do avance destes mosquitos e a súa implantación en Galicia tamén pode ser sanitario. Porque, pola súa banda, o Aedes vittatus pode transmitir o virus da febre amarela en monos no laboratorio e foi sospeitoso de ser un vector na epidemia da montaña Nuba de 1940 en Sudán, na que se reportaron 15000 casos humanos e 1.500 mortes. Aedes vittatus é potencialmente capaz de transmitir o virus do Zika, o axente causante da febre do Zika. De calquera xeito, o último informe de vixilancia entomolóxica do Ministerio de Sanidade aínda considera que a súa capacidade para transmitir doenzas é baixa actualmente en España.
Estas dúas especies de mosquitos invasores Aedes non son as únicas cun avance imparable. De feito, aínda non se produciu ningunha localización en Galicia do Aedes albopictus, o famoso mosquito tigre, que foi detectado por primeira vez na provincia de Barcelona no ano 2004, pero que xa está espallado de xeito permanente por todo litoral mediterráneo da península Ibérica, onde cada ano aparece en lugares máis remotos. A súa futura chegada a Galicia é unha incógnita. Aquí tería a auga que precisan as femias para facer a posta e que medren as súas larvas, pero semella que non dispón aínda da temperatura ambiental. Pero a clave está na globalización e no crise climática: o quecemento global ameaza con visitantes inesperados nas vindeiras décadas.
Buenos días, y disculpad que no me pueda expresar en gallego. Junto con la ciudadanía local, soy uno de los autores del descubrimiento de Aedes vittatus en Galicia a través de Mosquito Alert. He llegado a este artículo por casualidad, y considerando los errores que contiene, especialmente en el titular, es necesario que aclare:
1. Aedes vittatus es de distribucion Paleártica, lo que incluye varios continentes. No es más africano que gallego, y no es en absoluto una especie invasora sino que es autóctona en toda Europa. Lo que sucedió es que no se había citado nunca en Galicia, probablemente por falta de muestreos. Su riesgo sanitario es nulo ya que se ha logrado infectar con algunos patógenos únicamente en laboratorio.
2. Aedes japonicus no es de origen africano, de hecho no se le conoce en ese continente. Es asiático, y este sí que es una especie invasora . Y NO se ha encontrado aún en Galicia. Podemos tener nuestras suposiciones, como en lo referente al resultado del futbol del domingo, pero no es un hecho comprobado en ningún caso.
3. Ambas especies no tienen nada que ver entre sí. Echo de menos en realidad, que se dedicase algún espacio al riesgo sanitario real que nos amenaza a todos, que es Aedes albopictus el cual está ya firmemente establecido en gran parte de la península y es vector eficaz de dengue, chikungunya, Zika y fiebre amarilla entre otros.