Canto subirá o nivel do mar no teu concello en 2050? Consúltao neste mapa interactivo

A ferramenta creada pola organización científica Climate Central mostra as zonas de Galicia que corren máis risco de estar baixo a auga nos próximos anos

No peor dos escenarios, lugares de Galicia como as Salinas de Samil, as dunas de Corrubedo ou a Enseada de Mera estarán baixo o nivel do mar en 2050. Así o reflicte un mapa interactivo creado pola organización Climate Central, un grupo independente de científicos e comunicadores que alertan sobre as consecuencias do cambio climático e como afectará á vida das persoas. A ferramenta permite ver as áreas da costa galega que se verán afectadas pola subida do nivel do mar ata o ano 2150, no que concellos como O Grove pasarían a ser unha illa ou a praia de Carnota deixaría de existir.

O mapa interactivo, baseado en “publicacións científicas de rigor”, mostra as áreas máis vulnerables ao aumento do nivel do mar se se mantén o actual nivel de contaminación de gases e o ritmo dos desxeos dos polos. A ferramenta permite poder axustar parámetros como os anos, a traxectoria da contaminación ou a “sorte”. Esta última ten en conta o nivel dos efectos que poida ter o quecemento global. Aínda que é unha páxina feita por científicos, a fidelidade dos seus mapas non ten unha precisión absoluta, xa que fala de previsións.

Publicidade

Así, a costa galega en 2050, nun panorama “medio” de sorte, veríase especialmente afectada en concellos como A Guarda, Gondomar, O Grove, Cambados, Corrubedo, Pontecesures, Carnota, Betanzos ou Ortigueira entre outros. Se a evolución se mantén así, a conexión terrestre entre O Grove e Sanxenxo quedaría baixo o nivel do mar en case toda a súa extensión de cara a 2100. Se se avanza 50 anos máis, este concello pasaría a ser unha illa.

Predición sobre a subida do nivel do mar no Grove de cara a 2150. Foto: Climate Center

Adeus ás illas fronteirizas do río Miño

As Rías Baixas son as máis afectadas nesta proxección de Climate Central, especialmente a desembocadura do río Miño, onde o nivel do mar para 2100 aumentaría ata cubrir as illas da Xunqueira, Morraceira do Grilo e Morraceira das Varandas. Tamén o concello de Vigo perdería algunhas das súas zonas costeiras máis características como o porto para este ano.

Publicidade

Por outra banda, a subida do nivel do mar de cara a 2150 deixaría as ribeiras do Ulla baixo a agua, afectando a concellos como Catoria, Valga, Rianxo, Dodro, Pontecesures e Padrón. Ademais, se se emprega a peor das “sortes” no mapa, este reflicte que a Illa de Arousa quedaría redicida case a metade e a ría de Ortigueira vería desaparecer boa parte do seu terreo.

Predición sobre a subida do nivel do mar na desembocadura do río Miño de cara a 2150. Foto: Climate Center
Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla