Canarias activa unha prealerta ao detectar a chegada de ‘pellets’ ao norte de Tenerife

As mostras recollidas analizaranse para confirmar se proceden do buque que provocou a marea de granulados en Galicia

A Dirección Xeral Emerxencias do Gobierno de Canarias activou este mércores a situación de prealerta por un episodio puntual de chegada de pellets á praia de Bajamar (Tenerife), que foi detectado ás 10.00 horas. Mostras recollidas no areal serán analizadas para confirmar se proceden do Toconao, o mesmo buque que provocou a marea de granulados en Galicia.

Segundo informou o Goberno rexional, a prealerta activouse en aplicación do Plan Territorial de Emerxencias de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Canarias (PLATECA), e seguindo os criterios de Protección Civil. Esta medida preventiva realízase para poñer ao dispor os recursos de emerxencias autonómicos e garantir a coordinación dos servizos intervenientes desde o 112 Canarias para un correcto seguimento da situación.

Publicidade

As autoridades canarias estableceron un sistema de vixilancia inicial na costa norte de Tenerife coa participación dunha embarcación de Salvamento Marítimo, co obxectivo de localizar e recoller en alta mar os materiais plásticos e evitar a súa chegada á costa.

Vixianza en terra

Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias trasladou que esta vixilancia debe realizarse tamén por terra a través dos cabildos, concellos e servizos de vixilancia e socorrismo de praias noutras zonas do arquipélago, por se se detectasen noutros puntos das illas, aínda que polo momento non hai constancia da súa chegada a outras zonas da costa canaria.

Publicidade

Finalmente, o Gobierno de Canarias puxo ao dispor desta rede de vixilancia os helicópteros do Grupo de Emerxencias e Salvamento (GES), así como os drons da Dirección Xeral de Emerxencias e procederá a analizar a mostra recollida para confirmar a orixe dos mesmos e se a identidade do material corresponde á da vertedura rexistrada no norte peninsular.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O epidemiólogo Juan Gestal: “Non vai ser a próxima pandemia”

O experto explica que o perigo para a poboación global é baixo e que a resposta das autoridades debe centrarse na investigación da orixe do gromo

Incógnitas sobre o hantavirus: as dúbidas ante a posible chegada do cruceiro afectado ás Canarias

O 'MV Hondius' podería afrontar 15 días de illamento en España con traslado dos casos con síntomas compatibles coa enfermidade

Consecuencias da invasión

A ameaza dunha alga asiática que xa está en Galicia

A causa dos ‘pellets’ arquivouse, pero a contaminación continúa

A finais de 2023 o buque 'Toconao' perdeu seis contedores fronte ás costas portuguesas, e unha marea de bólas blancas de plástico comezou a chegar ás praias galegas