A borrasca Louis activa a alerta vermella en Galicia por ondas de ata 8 metros

As baixas presións situadas en Islandia provocan un forte temporal marítimo e envían chuvia, vento e neve ao noroeste peninsular

Unha extensa zona de baixas presións situada sobre Islandia é a responsable do forte temporal marítimo que azoutará Galicia entre este xoves e venres. A borrasca Louis, nomeada polo servizo meteorolóxico francés, tamén enviará abundantes precipitacións, refachos de vento que superarán os 80 km/h, neve aos 600 metros e sarabia. De feito, Meteogalicia activou este xoves a alerta laranxa por vento nas montañas de Lugo e de Ourense, na Mariña, e no noroeste e oesta da provincia da Coruña. O nivel de aviso ascenderá este venres ata a cor vermella por ondas que poderán superar os 8 metros na Costa da Morte, no noroeste da Coruña e na Mariña. Tamén haberá alerta laranxa por acumulacións de ata 5 centímetros de neve nas montañas de Lugo e Ourense.

O tempo apacible, estable e de temperaturas agradables de comezos de semana dá un xiro de 180 graos para devolver o inverno a Galicia. Máis alá das precipitacións, do temporal marítimo e dos fortes refachos de vento, diferentes servizos de meteoroloxía alertan dun descenso brusco das temperaturas a partir deste venres. A chegada dunha masa de aire polar marítima a Galicia baixará a cota de neve ata os 600 metros, provocando que algunhas precipitacións caían en forma de sarabia. As temperaturas manteranse para todas as cidades galegas entre os 13 e os 16 graos de máxima, mentres que o as mínimas oscilan entre os 4 e os 8 graos este venres. Os termómetros descenderán lixeiramente o sábado para volver subir a partir do domingo.

Publicidade

Durante a fin de semana tamén predominará a inestabilidade atmosférica en Galicia. Segundo o servizo meteorolóxico galego, entrará unha fronte pola noite que regará todo o territorio, deixando de novo unha “situación moi complicada” no mar con ondas que volverán superar os 8 metros no litoral norte. O escenario non experimenta cambios de cara ao domingo, dado que se agarda a chegada dunha nova fronte que volverá deixar abundantes precipitacións, sobre todo na xornada de mañá. Dende portais como Meteored e eltiempo.es indican que a fronte que afecte a Galicia o domingo provirá dunha profunda borrasca atlántica que, polas súas características, podería recibir o nome de Monica.

Temporal marítimo este xoves pola mañá na Coruña.

A partir do domingo a incerteza domina sobre o escenario atmosférico de Galicia. “Non está nada claro o que vai suceder coa borrasca. A día de hoxe parece que circularía por Francia e podería formarse outra secundaria no norte da península”, indican nun artigo publicado en Meteored. Isto traería a Galicia unha masa de aire aínda máis fría que nos afectaría, ademais de con precipitacións, na primeira metade da próxima semana. Dende Meteogalicia prognostican que o luns será unha xornada na que prevalecerá a situación inestable, son frío e precipitacións xeneralizadas. Con todo, está previsto que a partir do martes as altas presións volvan exercer a súa influencia sobre Galicia, provocado entón un ascenso das temperaturas e unha baixada na probabilidade de precipitacións.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura