A borrasca ex ‘Danielle’ volve sorprender ao adquirir características de ciclón subtropical

Os meteorólogos advirten un cambio no comportamento pero, de momento, só afectaría a zonas marítimas e non impactaría en Galicia

A borrasca ex Danielle, froito do furacán que mantivo atentos sos servizos de meteoroloxía das últimas semanas, segue a sorprender. Primeiro foi considerada un “fenómeno anómalo” por formarse en latitudes máis altas do habitual. Agora está a deixar chuvias abundantes en Galicia. Ao parecer, o seu vórtice está a mostrar, de novo, características subtropicais. Así o describe o investigador da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) Juan Jesús González Alemán, quen asegura que, de momento, este cambio no seu comportamento só afecta a zonas marítimas e non ao posible impacto que poida ter sobre a península.

González Alemán non foi o único experto que puxo o foco de atención neste asunto. Dende Meteored, Juanjo Villena avisaba dunha “estrutura moi sospeitosa” no centro da borrasca ex Danielle e, entre interrogantes, preguntaba se non se estaría a tratar dun ciclón subtropical. A este respecto, o tamén investigador de Meteored Victor M. González, explicaba en Twitter que o “núcleo tormentoso persistente” que se aprecia no centro de ex Danielle demostra que volver ter algunhas características propias dos ciclóns subtropicais. Iso si, convivindo coa estrutura de “borrasca típica”. E engade: “Podería tratarse dun ciclón tropical en desenvolvemento”.

Publicidade

Con todo, de igual maneira que puntualizaba González Alemán, o investigador de Meteored insistía en que na península non ían cambiar moito o escenario, polo menos de momento. M. González insta a seguir atentos ao fenómeno para comprobar se a estrutura incipiente logra desenvolverse ou tan só queda como “unha anédota”. Polo de pronto, só se seguen prevendo chuvias, tormentas e rachas de vento, de igual maneira que xa se prognosticaran antes de que ex Danielle adquirira, de novo, características subtropicais.

Seguen as chuvias

Ata o momento, e tal como anunciaba hoxe a AEMET, ex Danielle deixou, sobre todo, chuvias no oeste da península e os refachos de vento tan só foron moi fortes en zonas altas e de costa. Á espera das posibles transformacións que aínda poida sufrir a borrasca, dado a incerteza do seu comportamento dende o primeiro momento da súa formación, Meteogalicia prognostica que a inestabilidade atmosférica continuará ao longo deste mércores. Porén, ao final da xornada prevese que a borrasca “se debilite rapidamente”. É dicir, haberá ceos anubrados, chuvascos puntualmente fortes e treboentos, sobre todo pola tarde. Porén, de noite remitirán en boa parte do territorio.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estas son as catro guías que che permitirán descubrir a provincia da Coruña a través dos ollos dos locais

A iniciativa, impulsada pola Deputación e 20xvinte, comparte recomendacións de produtores, restauradores, axentes de viaxes e prescritores

Aliado natural contra a velutina en Galicia: cada parella de abelleiro europeo elimina ata 80 niños por tempada

Unha investigación con participación galega estima que a rapaz como servizo ecosistémico podería ter un valor de 6,4 millóns de euros anuais

Os chícharos galegos que buscan unha segunda oportunidade

O proxecto GUIPROGAL recupera variedades tradicionais con boas taxas de xerminación e potencial para a alimentación humana e animal

A borrasca Austen activa a alerta laranxa en Galicia por ondas que poderán superar os sete metros

Trátase da segunda das tres frontes atlánticas que pasarán por Galicia esta semana, coa terceira prevista para o domingo