Baroña e O Galiñeiro, exemplos de iniciativas sociais contra o cambio climático

Un proxecto pioneiro analiza iniciativas colectivas para facer fronte aos desafíos climáticos

A organización social é dos camiños para combater os efectos do cambio climático. Así o cre unha iniciativa pioneira en todo Estado que analizou once proxectos sociais centrados en atopar respostas para os desafíos que presenta o quecemento global.

Dous dos proxectos analizados polo proxecto CLIMACTIVA, no que participan investigadores da USC e membros da cooperativa galega Feitoría Verde, están en Galicia. Entre as once iniciativas seleccionadas están a Comunidade de Montes de Baroña e a de augas do Galiñeiro.

Publicidade

A primeira xurdiu na parroquia de Porto do Son coñecida polo seu castro a pé de mar. Está considerada unha das comunidades de montes máis activas de Galicia grazas á implicación dos veciños ca xestión de 875 hectáreas de montes. Alí desenvolven tarefas para aproveitar os montes co resinado das árbores, o emprego de gando ou a micoloxía.

Na serra do Galiñeiro, no concello pontevedrés de Gondomar, constituíuse hai anos un colectivo para facer fronte aos problemas na distribución e abastecemento das augas. Organizase como unha entidade sen ánimo de lucro cun sistema participativo para xestionar os recursos hídricos que chegan das traídas veciñais.

Publicidade

Para os investigadores do proxecto CLIMACTIVA, contar cunha base social organizada que sexa quen de achegar medidas preventivas é unha das claves para fortalecer a resiliencia e a capacidade de adaptación das persoas ante os impactos do cambio climático.

As administracións, ás veces, un atranco

O estudo pon de manifesto que boa parte das iniciativas que se enfrontan a desafíos climáticos xurdiron de entidades xa existentes encargadas de xestionar un recurso ou espazo, como é o caso do monte en Baroña e da auga no Galiñeiro.

Os investigadores alertan que, en moitas ocasións, as administracións póñense no camiño destas iniciativas e exercen como unha barreira para a construción destes espazos que promoven mecanismos de adaptación.

Outra das conclusións é que tamén neste tipo de proxectos existen prexuízos de xénero que penalizan ás mulleres, sobre todo, á hora de tomar decisións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

⁠Algas e microalgas: o tesouro biotecnolóxico que agocha o mar galego

O centro tecnolóxico ANFACO presenta en BioSpain o seu aproveitamento da biomasa mariña para crear novos ingredientes