Atopado un peixe lúa de tres toneladas nas costas dos Azores: novo récord mundial

Tamén chamado en Galicia como orellán, este exemplar medía arredor de 3,6 metros de alto e sobre 3,5 metros de longo

As autoridades portuarias do arquipélago Azores veñen de atopar na contorna do arquipélago o peixe lúa máis grande do que se ten rexistro ata o momento: pesa nada menos que tres toneladas. Trátase, segundo a información Journal of Fish Biology, do peixe óseo máis pesado xamais rexistrado. Tamén coñecido como orellán en terra galega, este xigante foi descuberto o 9 de decembro de 2021 mentres flotaba sen vida fronte á costa da illa de Faial, nos Azores, por un grupo de autoridades portuguesas no océano Atlántico Norte. Os axentes recolleron o pesado cadáver e levárono de regreso ao porto para que puidese ser estudado adecuadamente, segundo a información difundida nun comunicado da Asociación Naturalista do Atlántico, unha organización de investigación e conservación sen ánimo de lucro con sede na propia illa.

Os investigadores levaron a cabo unha necropsia do orellán e detallaron os resultados nun novo estudo, publicado o 11 de outubro no Journal of Fish Biology. O enorme peixe medía arredor de 3,6 metros de alto e sobre 3,5 metros de longo e pesaba 2.744 quilogramos ou, aproximadamente, 3 toneladas. Os investigadores tamén analizaron o contido do estómago do orellán e tomaron mostras do seu ADN para unha mellor análise.

Publicidade

O peixe morto é un verdadeiro “espécime maxestoso”, explica a Live Science o autor principal do estudo, José Nuno Gomes-Pereira, biólogo mariño da Asociación Naturalista do Atlántico. “As imaxes do seu cadáver non fan xustiza ao incrible que debe aparecer na auga”, matiza. Ata o de agora, o récord mundial anterior do peixe óseo máis pesado tíñao outro orellán capturado en Xapón en 1996, que pesaba arredor de 2.300 kilogramos, segundo a documentación do Guinness World Records.

Os peixes lúa reciben o seu nome non pola forma do seu corpo circular, senón porque toman o sol na superficie do océano, que os científicos cren que é a forma en que se requentan despois de longas inmersións en augas frías e escuras en busca de alimento.

Publicidade

Nun primeiro momento, o orellán xigante foi clasificado erroneamente como un exemplar inusualmente grande do orellán máis común do océano (Mola mola), que crece ata ao redor da metade do tamaño do descuberto recentemente que é, en realidade un Mola alexandrini, clasificada como especie única en 2018, grazas a un estudo publicado na revista Ichthyological Research.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os récords de calor multiplican por dez aos de frío en Galicia na última década

O gráfico elaborado polo climatólogo Dominic Royé indica que, dende 2020, apenas se rexistrou unha marca mínima fronte ao predominio das máximas

Os numerosos beneficios para a saúde que nos ofrece o peixe a un baixo custo climático

O alimento mariño resulta unha fonte accesible de nutrientes esenciais que impulsa o benestar físico e apoia á sostibilidade

BioSpain pecha con récord de asistentes e pasa o testemuño a Bilbao como sede para 2026

A edición reuniu a máis de 2.400 participantes de 1.065 entidades procedentes de 34 países ao longo de tres días de congreso

Galicia rexistra o verán máis cálido da serie histórica

A temperatura media foi de 21,1 graos, dous máis do normal tras un xuño que bateu todos os récords e un agosto que estivo preto de facelo