As temperaturas seguirán caendo en Galicia con mínimas de tres graos no norte

Todo o litoral estará esta semana en alerta máxima laranxa por ondas. A cota de neve situarase arredor dos 1.200 metros

As temperaturas baixarán de forma xeneralizada este luns 28 de novembro en toda Galicia. Ao longo de toda a xornada todo o país estará en risco por choivas, treboadas, vento, ondas e incluso neve nas zonas máis altas do interior, segundo explica o último prognóstico da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Ademais, A Coruña, Lugo e Pontevedra amenceron con alerta máxima laranxa por ondas en todo o litoral galego.

A previsión é que os ceos estean nubrados ou cubertos, con apertura de claros ao final do día polo leste. Con toda probabilidade, haberá choivas e chuvascos ocasionalmente tormentosos de madrugada, que irán debilitándose e remitindo pola tarde. A cota de neve situarase entre os 1.200 e os 1.400 metros. Tamén haberá brumas e probabilidade de bancos de néboa no cuadrante sueste, máis probables en zonas de montaña.

Publicidade

Respecto das temperaturas, as máximas descenderán de forma xeneralizada, de maneira notable en áreas de montaña. Igualmente, as mínimas baixarán tamén nos principais sistemas montañosos. Espéranse xeadas débiles en cotas altas do sueste. O vento será de de compoñente oeste máis intenso no litoral tendendo a diminuír pola tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga