As seis bandeiras negras que marcan as praias contaminadas e mal xestionadas de Galicia

Os residuos nas augas, a ocupación de terreos de dominio público e o proxecto de Altri protagonizan o informe de Ecoloxistas en Acción

Galicia obtivo este ano 114 praias con bandeiras azuis, seis menos ca o ano pasado. A comunidade concentra unha de cada cinco das que hai en toda España pero, así e todo, tamén unha de cada oito bandeiras negras do país. O informe, presentado por Ecoloxistas en Acción, menciona casos de praias mal xestionadas ou que son vítimas da contaminación química.

Un dos principais problemas que destacan desde a organización é a apropiación ou ocupación do espazo de Dominio Público Marítimo Terrestre (DPMT) no litoral español. É unha práctica habitual, segundo aseguran no informe, dos particulares adiñeirados e de sociedades mercantís. “A pesar da súa flagrante ilegalidade, moitas administracións non aplican a xa insuficiente Lei de Costas”, avisan desde Ecoloxistas en Acción.

Publicidade

É o caso, por exemplo, da bandeira negra situada na illa de Toralla, en Vigo, un espazo que é considerado privado. Desta forma, non se permite o paso aos veciños e os cidadáns da zona. Tamén menciona a concesión de espazos a empresas privadas, como no caso da Illa Pancha, en Ribadeo, que ademais pertence á Rede Natura 2000.

Ecoloxistas en Acción inclúe nas súas bandeiras negras a praia do Con, en Moaña. “A finca ocupada polo chalé de Núñez Feijóo e a súa parella incorre en terreos do DPMT”, aseguran dende a plataforma.

Publicidade

Contaminación química e Altri

En referencia á contaminación, a lista inclúe a praia de Area Grande, na provincia da Coruña. As continuas verteduras de augas fecais sobre a estrada CP-503 é, segundo a asociación, o motivo desta bandeira negra. Tamén pola contaminación está marcada a bolsa de lodos de San Ciprián, en Lugo, unha lagoa artificial de residuos tóxicos que produce emisións de fluoruro de alumino, con hidróxido de sodio na súa auga e no que hai risco de colapso do dique, practicamente desbordado. A rotura dunha balsa cuns residuos similares provocou unha catástrofe química en Hungría en 2010.

A sexta bandeira negra que sitúa Ecoloxistas en Acción é, de forma simbólica, na ría de Arousa, na Coruña. A causa desta última é, segundo a plataforma, a ameaza de Altri de destruír o ecosistema da zona. Destacan tamén as consecuencias do chamado proxecto Gama, que requirirá unha captación de 46 millóns de auga ao día.

O informe tamén destaca o que supón Ence para a ría de Pontevedra. “É un dos exemplos de ocupación e uso industrial indebido do DPMT”, aseguran, e recordan que é un dos puntos que máis recibiu bandeiras negras desde que se comezou a publicar anualmente este documento hai 20 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

Galicia ampliará de xeito progresivo o cribado de cancro de mama a mulleres de entre 45 e 74 anos

Ao longo do ano 2027 serán invitadas por primeira vez a participar no programa as persoas usuarias nadas nos anos 1982 e 1977

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

Unha intervención arqueolóxica na Illa de Ons revela novos restos castrexos

O descubrimento produciuse fóra da muralla do castro do Castelo dos Mouros, onde ata agora só se atoparan elementos romanos