Aparece morta en Bueu unha tartaruga verde, unha especie en perigo severo de extinción

Nos rexistros históricos da Coordinadora para ou Estudo dos Mamíferos Mariños esta especie só apareceu quince veces nas costas galegas

Este xoves apareceu morta nas costas do concello pontevedrés de Bueu unha tartaruga verde xuvenil (Chelonia mydas). É unha especie considerada en perigo a nivel mundial e da que en Galicia só hai quince rexistros, explican dende o CEMMA, a Coordinadora para ou Estudo dos Mamíferos Mariños. A oenegué galega dedicada ao estudo e divulgación dos mamíferos mariños e as tartarugas mariñas de Galicia amosou publicamente o seu agradecemento á Confradía de Pescadores de Bueu polo aviso, quen a atoparon.

A tartaruga mariña verde é unha tartaruga mariña de gran tamaño da familia Cheloniidae, e única especie do xénero Chelonia. Vive nos mares tropicais e subtropicais de todo o mundo e ten dúas poboacións distintas no Atlántico e Indo-Pacífico. Nas costas de Galicia pode verse moi poucas veces. O seu nome común procede da graxa xeralmente de cor verde que hai debaixo da súa coiraza ou cuncha.

Publicidade

Esta tartaruga mariña ten un corpo aplanado dorsoventralmente cuberto por unha gran coiraza con forma de bágoa. Ten un par de extremidades anteriores grandes con forma de aleta. Xeralmente, está coloreada, aínda que nas poboaciós do Pacífico leste a coiraza pode ser case negra. A diferenza doutros membros da súa familia, como a Eretmochelys imbricata esta tartaruga é principalmente herbívora. Os adultos xeralmente habitan lagoas de atois ou costeiras, alimentándose principalmente de plantas mariñas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo