O acuario da Coruña acolle a feira científica que homenaxea a expedición de Isabel Zendal

O Aquarium Finisterrae terá este sábado a actividade organizada pola UDC e os Museos científicos coruñeses

O Aquarium Finisterrae acollerá este sábado 26 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas as actividades organizadas pola Universidade da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses para celebrar o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina da varíola do porto coruñés.

A V Feira científica Isabel Zendal constará de obradoiros preparados polo grupo de innovación docente e divulgación científica UDCiencia, en colaboración con outras entidades, entre elas a Facultade de Enfermaría e Podoloxía da UDC.

Publicidade

A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 219 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas. Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades.

Os obradoiros serán os seguintes:

Publicidade

  • O descubrimento da vacina contra as vexigas
  • Isabel Zendal e os nenos da vacina
  • As vacinas e a vacinación
  • Eureka, flotan!
  • Coidando en alta mar
  • Moby Dick e os nenos vacuníferos
  • As aves que acompañaron á REFV
  • Cal e o camiño? As matemáticas teñen a resposta
  • Os cheiros da corveta
  • RCP e o uso do desfibrilador: técnicas sinxelas que salvan vidas
  • Os medicamentos da expedición: tesouros do bosque

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar