Alerta por tormentas e chuvias: así afecta a Galicia o bloqueo anticiclónico sobre Europa

A intestabilidade estenderase ata a fin de semana, e será na metade sur do país onde se concentren as precipitacións e o temporal

A inestabilidade atmosférica chega para despedir un maio de tempo primaveral. Varias zonas da Península atópanse en risco por seca e non parecía factible hai unhas semanas que caera unha tromba de auga tan importante antes da chegada do verán. Esta falta de chuvias debíase a un gran anticiclón de bloqueo que desviaba todas as borrascas que se puidesen situar sobre o noso mapa. Agora, estas altas presións desprazáronse ata o norte de Europa: Gran Bretaña, Irlanda, Dinamarca, Noruega, Francia e Alemania. Este desvío provocou un corredor por onde se introducirán unha sucesión de borrascas ata, segundo apuntan algúns expertos, case xullo. Será unha borrasca fría a que marque o tempo os próximos días.

Este xiro drástico na situación atmosférica pode aliviar o abril máis seco dende que existen rexistros. O 29 de maio estiveron ata 14 comunidades por risco de chuvia e tormenta. Os litros por metro cadrado xa se superaron e a AEMET apunta que será unha constante durante as próximas semanas. En Galicia producíronse importantes inundacións na cidade de Ourense e a auga entrou en varios garaxes e establecementos. A acumulación de auga nas rúas impediu o tránsito dos peóns e especialmente na Ponte Romana, onde varias persoas intentaron cruzar coa auga polos xeonllos. Os transeúntes non dubidaron en tomar vídeos e compartilo nas redes sociais, así como das sarabias.

Publicidade

https://twitter.com/2sihk/status/1663223738039517200?s=20

É na metade sur do país onde se concentran a maior parte das tormentas, especialmente en Ourense e sur de Lugo. No interior, a probabilidade de temporal é moi alta e vai baixando a medida que nos achegamos á costa. En Santiago de Compostela a tormenta provocou indicencias no tráfico e inundacións nalgunhas rúas, así como un accidente na AP-9. A AEMET mantén este martes o aviso amarelo. Segundo Meteogalicia, a vindeira semana haberá alta probabilidade de chuvias de tipo tormentoso, menos probables no litoral onde se poden concentrar brétemas. Esta situación atmosférica é propia para a época do ano na que nos atopamos, de feito, maio é o mes no que se rexistran máis raios. Foi o 26 de maio do 2017 o día récord de raios.

En canto as temperaturas, non sufrirán grandes cambios e manteranse nunha media de 25 graos de máxima e entre 14 e 12 de mínima. Segundo apunta a AEMET, esta anomalía en xuño pode provocar un descenso nas temperaturas con aire frío. Pola súa banda, eltiempo.es apunta a que a última hora do xoves a borrasca fría podería terse disipado na súa totalidade, mais permanecería o aire frío que o acompaña e entraría polo suroeste. Esta semana na que comeza xuño as precipitacións afectarán fundamentalmente ao interior noroeste e suroeste. En Galicia as predicións apuntan ata acumulacións entre 15 ou 20 mm nunha hora, así como posible sarabia no interior.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Así evoluciona o tempo en Galicia antes da eclipse: ceos máis despexados no interior e incerteza no norte

O litoral norte da Coruña e A Mariña concentran as dúbidas pola posible presenza de nubes baixas, mentres o resto da comunidade presenta unha situación favorable