Alerta, alérxicos: os niveis de pole dispáranse esta fin de semana

Veñen días complicados para as persoas que sofren alerxias, con días solleiros e ventos que traerán o pole da floración das oliveiras do sur da península

Esta fin de semana será complicada para as persoas que padecen problemas de alerxia ao polen. Os sistemas de prognóstico avanzan un incremento dos niveis de pole de árbores a partir do venres. Todo nunha fin de semana solleiro e de temperaturas altas, polo que as choivas non axudarán a rebaixar a concentración no aire das partículas no aire de bidueiros, oliveiras ou carballos.

Os bidueiros atópanse nun estado de floración avanzada, polo que Galicia acadará valores altos nos próximos días en todo o territorio galego. De feito, o semáforo co que a Rede Galega de Aerobioloxía indica a concentración de pole no aire marca en vermello a práctica totalidade do territorio galego. No caso dos carballos, a peor situación dáse en Ourense e no sur de Lugo, namentres que nas estrugas prodúcese na costa da provincia da Coruña, tamén sinalada en cor vermella.

Publicidade

Será unha fin de semana na que a floración dos campos de oliveiras en territorios como Andalucía ou Estremadura combinada con ventos do sur traerá a Galicia a presenza de pole desta árbore ata acadar valores altos. Así o avanzan as predicións de Corpernicus, o programa europeo de observación terrestre, que apunta a que o pole das oliveiras virá acompañada do das herbáceas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro