Venres 19 Abril 2024

Así salta a alarma nas colmeas de abellas ante a ameaza das velutinas

Un estudo recolle o complexo repertorio de alarmas sonoras que emiten estes insectos perante a presenza de depredadores nas colmeas

Mesmo sen unha ameaza ao redor, as abellas melíferas asiáticas (Apis cerana) están sempre zunindo, siseando en grupo ou dándose cabezadas con pulsos vibratorios entre si. Mais, perante ataques de vespas asiáticas como a Vespa velutina, un novo estudo recolle a súa capacidade emitir un variado repertorio de sinais de alarma.

Segundo a investigación, que recompilou preto de 30.000 gravacións de sinais de abellas, cando aparece un tártago asasino, os zunidos e testadas habituais multiplícanse. Logo, ao detectaren a presenza de calquera depredador, as entradas dos niños amosan un aumento na actividade de defensa das abellas obreiras, quen unen os seus chíos antidepredadores en “mensaxes máis longas e insistentes, análogas a como os tons individuais dunha campá contribúen a unha alarma de incendio”, segundo se recolle nas observacións.

Publicidade

Sendo depredadoras, as velutinas e outros tártagos asasinos atacan con frecuencia as colmeas chegando, nalgún caso, até destruír unha colonia enteira e masacrando as abellas unha por unha. Fronte a súa presenza, os sinais fan que as abellas obreiras entren en modo de defensa, espallando esterco animal na colmea para repeler os depredadores ou tentando formar unha bola de abellas arredor da velutina, para quencela até que morre.

Con todo, e en comparación a enxames de velutinas, os investigadores descubriron que ataques de especies de vespas máis pequenas que cazan en solitario non causan tanto caos nas colmeas, facendo que os chíos anti-depredadores se iniciasen con menos frecuencia. Polo tanto, é posíbel que estas chamadas teñan evolucionado especialmente por mor dos tártagos asasinos.

Empregadas de forma flexíbel, a complexidade e sofisticación destes sinais indican que o repertorio de chíos contra os depredadores comparte trazos acústicos con berros de alarma ou chamadas de pánico presentes en vertebrados socialmente complexos como aves, suricatas ou primates.


ReferenciaGiant hornet (Vespa soror) attacks trigger frenetic antipredator signalling in honeybee (Apis cerana) colonies (Publicado en Royal Society Open Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova ameaza das velutinas: o abandono dos pequenos viñedos

Investigadoras da UDC analizan por vez primeira o impacto desta especie invasora sobre a produción de uva

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”

Un estudo demostra que os abellóns combaten con éxito a avespa velutina

A pesar destas estratexias de defensa, comprobaron o impacto negativo nas colonias de polinizadores

A loita contra a velutina reduce un 20% os beneficios por venda de mel en Galicia

Os apicultores gastaron 561 euros de media, sendo Pontevedra a provincia máis afectada debido ás súas condicións climatolóxicas