Adega pide que se alimente á fauna salvaxe e se suspenda a caza

A organización ecoloxista Adega reclamou hoxe que se axude aos animais salvaxes afectados pola queima de miles de hectáreas de monte, deixando comida para eles e suspendendo a caza tamén nas zonas limítrofes onde poden atopar acubillo tras os lumes.

Adega reclama a declaración de zona catástrófica nos lugares afectados: “Deste xeito poderanse dispoñer medidas e axudas para compensar rápidamente as perdas e recuperar o pulso social e económico após os terríbeis incendios que queimaron ducias de vivendas, milleiros de hectáreas de cultivos, pastos, instalacións agrícolas, gando, etc.”

Publicidade

Imaxe da nota de prensa enviada por Adega.
Imaxe da nota de prensa enviada por Adega.

Adega reclama que non se esqueza tampouco á fauna salvaxe, porque aínda que os lumes provocaron unha enorme mortandade, os sobreviventes deben ser protexidos. “Non menos importante é dar tamén unha oportunidade á fauna salvaxe, suspendendo temporalmente a caza non só nas zonas queimadas senón tamén no seu perímetro xa que a fauna tende a refuxiarse nestas áreas, así como dispoñer alimento de urxencia para gando e fauna salvaxe”, afirman nun comunicado.

Ademais, recordan que hai que tomar medidas nas zonas queimadas: “Especial atención precisan os espazos protexidos afectados polo lume, nos que son urxentes medidas proactivas para recuperar a nosa biodiversidade máis sensíbel e ameazada e impedir, por exemplo, a perda de hábitats e a colonización con especies invasoras e oportunistas”.

Publicidade

18 COMENTÁRIOS

  1. Eu particularmente nada tenho em contra dos/s caçadores/as , e sei que como coletivo fazedes esforços para manter as espécies cinegéticas e polo tanto seguir caçando, a saber quanta perda houve nom só em espécies cinegéticas senom em toda a biodiversidade, mais nom está de mais umha moratória pra todas elas .

  2. Vou agora mesmo a cambiar a escopeta por bocadillos de Nocilla para dar de comer a os animáis do monte.
    Señores, seriedad e un pouco de cultura por favor

  3. Alento, Galicia. O único que desexo é que todos os que loitamos por ela poidamos cumprir todo o que desexamos. A terra necesita moita axuda e o que me face sentir esperanza é ver que hai tantas persoas desacougadas pola terriña… Eu vivo lonxe de Galicia, pero a levo no máis profundo da miña alma e penso en ela con toda a miña enerxía e amor. Estou de acordo con todo o que dixeches… Alento, ánimo, Galicia.

  4. Hola,estoi de acuerdo en todo y ojala se pueds llevar a cabo y solo pediria a lis cazadores,que en vez de ir al monte a cazar,lo cambiaran por salir a alludar a esos pobres animales que estan asustados,darles de comer,limpiar monte y intentar entre todos recuperar el monte ardido lo antes posible por el bien de todos,e intentar no olvidarnos de esos mal nacidos,que les caiga el peso de la ley,y si eso que nos lo dejen a el pueblo,veran esos h.de p.lo que es el fuego,gracias

  5. Creo ,lo mejor será sembrar sobre los terrenos quemados ,centeno, trigo o hierba para evitar arrastre de tierrras.
    Los cotos de caza seguro que pueden cooperar desinteresadamente, utilizando para ello la colaboración de los socios y que la siembra sea a boleo

  6. Quiero ayudar soy de Orense ciudad
    Sí hacéis algo los fines de semana
    Avisarme
    Sí hacéis patrullas para sembrar ……no sé

  7. Preocupação muito acertada. Ha que dar abrigo, alimento e proteção para os animais selvagens para que voltem a habitar seus sítios com saúde e sem estresses e aptos à reprodução para a reposição dos perdidos nesta catástrofe tão dolorosa. Desde Brasil, unha aperta a todos . Grazas.

  8. Por favor, algún teléfono para recibir más información sobre cómo donde y qué hacer para alimentar animales? Gracias

    • Ya la ley de caza prohibe cazar en las zonas quemadas durante 5 años. Lo de alimentar la fauna salvaje, hacer desbroces y repoblar zonas quemadas… es el colectivo de cazadores quienes más esfuerzos realizan en este sentido desde siempre por incendios, nevadas, secas, etc. Pero bueno si estáis voluntariosos, ya sabéis, de vuestro bolsillo y tiempo libre lo que queráis aportar y así estaréis a la altura de los malvados cazadores.
      NO SOY CAZADOR

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Internet e redes en menores: as razóns dos especialistas galegos para a prohibición

Os expertos alertan dos riscos e consecuencias que ten para a rapazada a utilización excesiva e sen supervisión dos dispositivos móbiles

Rula, choia, paíño… Os 600 nomes de aves en galego que atoparás nesta ferramenta dixital

A RAG estrea unha plataforma para realizar procuras pola denominación, o nome científico ou a familia á que pertence cada especie

Tecnoloxía inclusiva galega: premiada unha aplicación para previr a atrofia muscular

O CITIC celebrou esta semana un encontro europeo no que tamén galardoou o deseño adaptado dunha cesta da compra para cadeira de rodas

Un estudo galego revela o papel clave dos adultos na repoboación do percebe

O 90% dos ocos deixados nas rochas polos mariscadores inician a súa recuperación en menos de seis meses cando se deixan grandes exemplares