Un ránking sitúa de novo ás universidades galegas entre as mil mellores do mundo

O Center for World University Rankings (CWUR) acaba de publicar a clasificación que amosa ás mil mellores universidades do mundo, nunha avaliación que analiza a máis de 27.000 institucións de todo o planeta. Este ránking preséntase como o único que “mide a calidade da educación e a capacitación do estudantado, así como o prestixio do persoal docente e a calidade da súa investigación, sen depender de enquisas ou da presentación de datos universitarios”.

A Universidade de Santiago é a institución galega mellor situada, no posto 414º a nivel global e o 9º a nivel estatal, nunha lista que encabeza a de Barcelona seguida de Autónoma de Barcelona, Complutense de Madrid, Valencia, Autónoma de Madrid, Navarra, Pompeu Fabra e Granada. A UVigo está no posto 22º de toda España, e no 687 a nivel global, mentres que a da Coruña atópase na posición 978º, pechando a lista das 40 universidades españolas que foron incluídas no ránking.

Publicidade

Na súa elaboración, CWUR pondera “oito indicadores obxectivos e robustos”: calidade da educación (25%), empregabilidade dos exalumnos (25%), calidade docente (25%), publicacións (5%), influencia (5%), citacións (5%), impacto (5%) e patentes (5%). Así, tómase en consideración o número de alumnado universitario e de docentes ou investigadores que teñen gañado algún premio ou recoñecemento internacional; o ex alumnado que ocupa posicións como CEO en compañías internacionais destacadas; o número artigos de investigación en xornais de alto impacto e os máis citados; o índice h correspondente á cada universidades ou o número de solicitudes de patente internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo da USC evidencia a xenética “singular e diferenciada” do can de palleiro respecto doutras razas

A análise do ADN revela unha elevada diversidade, moderada consanguinidade e marcadores que permiten reforzar a súa conservación

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

Unha rara bolboreta nocturna reaparece en Galicia tras 150 anos e logra reproducirse

A observación dun exemplar en Fene e o posterior achado de eirugas confirman a presenza da esfinxe da adelfa, migratoria e pouco habitual no Atlántico