Activada a alerta vermella nas Rías Baixas polo exfuracán Kirk

O servizo de MeteoGalicia prognostica niveis de forza 10 no litoral de Pontevedra: poderían acadarse ventos de ata 140 km/h

Os restos do furacán Kirk chegarán a Galicia reconvertidos nunha potente borrasca. Aínda que inicialmente as axencias meteorolóxicas prognosticaron o seu paso pola comunidade a partir deste martes, segundo os datos actualizados por MeteoGalicia a súa entrada na Península Ibérica non será ata a madrugada do mércores. Agora, o servizo meteorolóxico galego eleva a alerta a un nivel vermello nas Rías Baixas polos fortes refachos de vento, que poderían acadar a forza 10 no mar aberto (entre os 130 e os 140 km/h). Segundo a escala de Beaufort que avalía a velocidade do vento e as súas consecuencias, nun escenario de forza 7, máis baixo, xa costa moverse contra a direción no vento.

As recomendacións ante un aviso deste tipo inclúen permanecer nos fogares e evitar calquera tipo de actividade no exterior e, no caso de ter que desprazarse, tomar os eixes principais de circulación. A borrasca impactará primeiro no norte da provincia coruñesa, moi preto da costa de Fisterra, activando a alerta laranxa en toda a comunidade galega. Agárdanse ventos furacanados na Mariña lucense e acumulacións de auga de 161 litros por metro cadrado en rexións do interior de Pontevedra.

Publicidade

A alerta vermella activarase dende as 06:00 horas da madrugada do mércores ata as 09:00 horas da mañá e virá acompañada doutra alerta laranxa con respecto á chuvia na mesma rexión. O resto da comunidade tamén permanece baixo alertas naranxas por vento e choiva. Precisamente nas horas desta madrugada chegará a borrasca a Galicia, e permanecerá no territorio como mínimo ata o xoves.

Malia que Kirk xa perdeu a categoría de furacán, quedan por diante máis de 48 horas nas que os territorios da Península e, especialmente Galicia, veranse expostos a condicións atmosféricas extremas, como ventos furacanados e tempestades.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia