A temperatura media en Galicia en setembro subiu 0,6 graos por riba da media histórica

O último informe de MeteoGalicia conclúe que o pasado mes caracterizouse por unha gran variabilidade, con anticiclóns intensos e borrascas atlánticas.

Segundo o avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, a temperatura media durante o mes de setembro situouse 0,6 graos por riba do valor histórico do período de referencia 1981-2010, concentrándose a anomalía máis acusada nas mínimas, que foron 1,1 graos máis altas do agardado.

No que respecta ás precipitacións, os datos recollidos nas estacións meteorolóxicas máis representativas do país reflicten que choveu un 1% menos do habitual para este mes, polo que o período pode considerarse normal no conxunto de Galicia.

Publicidade

O período caracterizouse por unha gran variabilidade climatolóxica, con anticiclóns intensos que se alternaron con borrascas atlánticas e mesmo os restos dunha tormenta tropical acontecida a mediados de mes. Esta situación cambiante explica por que setembro, no seu conxunto, rematou cun balance de chuvias sen anomalías significativas, mentres que as temperaturas foron algo máis altas do normal, debido sobre todo aos valores mínimos.

O comportamento por zonas non foi homoxéneo

No que respecta aos termómetros, os valores máis baixos das temperaturas medias rexistráronse na Baixa Limia, cunha anomalía de 1,4 graos menos do habitual neste período, mentres que os máis elevados concentráronse nas comarcas da Coruña e Vigo, cunha temperatura media de ata 2,2 graos por riba do previsto.

Publicidade

En canto ao balance pluviométrico, durante todo o mes de setembro a precipitación media acumulada no conxunto de Galicia foi de 87 litros por metro cadrado, un balance que se pode considerar normal para esta época do ano aínda que con contrastes importantes en determinadas áreas xeográficas.

Neste sentido, o suroeste da provincia da Coruña concentrou o maior volume de chuvias da Comunidade, acadando valores puntuais de ata 254 l/m2. No extremo contrario, a comarca ourensá de Valdeorras, con valores de apenas 11 l/m2, foi na que menos choveu.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual

Menos extremas, pero máis calor: así están a cambiar as estacións en Galicia

Os gráficos do meteorólogo Benito Fuentes sinalan que o inverno quenta máis rápido ca o verán, reducindo a distancia térmica