Publicidade

A recolección de miñocas para a pesca recreativa pon en risco a súa supervivencia

Investigadores da UDC afondan sobre este verme que se emprega como cebo para a pesca

Recoller miñocas para cebo é un complemento para os ingresos da xente do mar. A expresión ‘andar á miñoca’ no acervo cultural así o pon de manifesto. De feito, a súa recolección é unha das excepcións na crise que atravesan os recursos marisqueiros tradicionais nas últimas décadas.

Galicia é un dos territorios nos que máis medrou a recolleita destes vermes, grazas ao aumento da demanda e a sinxeleza dos protocolos de venda e comercialización. Porén, o modo en que se extrae pode supor unha ameaza para a supervivencia dos miñocas e poliquetos.

Publicidade

Así o apunta unha investigación do departamento de Bioloxía da Universidade da Coruña que advirte do descoñecemento que arrodea estas especies capturadas en Galicia, entre as que destacan a miñoca, a miñoca de area, a miñoca de tubo e o gavilán.

Unha das dúbidas identificadas reside no impacto negativo para o medio que provoca remover o substrato cando se extrae dos areais. Os investigadores tamén poñen o foco en que os poliquetos non son unha especie moi coñecida a nivel poboacional, polo que non está ben definida a relación entre tamaño e peso e como isto inflúe na súa reprodución e mantemento no medio.

Publicidade

Desta forma, os promotores deste estudo encabezado por Pablo Pita, investigador Ramón y Cajal do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e a directora do departamento de Bioloxía da UDC, Nuria Fernández, e a profesora Lucía Couceiro avogan por ensanchar os traballos científicos sobre estes vermes como vía para mellorar a súa conservación.

Cebo importado

A investigación tamén analiza o impacto social da extracción de miñocas, unha tradición nas localidades costeiras. Das 68 tendas de pesca que venden poliquetos en Galicia, só o 7% venden cebos importados de Corea e de América. De feito, estiman que un 17% dos pescadores recreativos só emprega cebo que eles mesmos capturan.

Con todo, existe unha alta porcentaxe de pescadores que emprega cebo importado, co posíbel impacto que isto pode provocar se se introduce nos ecosistemas galegos. Desta forma, a receita dos investigadores pasa por coñecer máis e mellor aos poliquetos como vía para mellorar a súa conservación e que se vexan beneficiados os implicados.


Referencia: Polychaete bait fisheries in Galicia – NW Spain (Publicado en Fisheries Research).

1 comentario

  1. Aver cerebritos!!!,discrepo totalmente deste artículo,moita probeta,microscopio pero a práctica dí outra cousa.Son Francisco,levo moitos anos de mariscador a flote en Noia e apañando miñocas pola praias da zona,non sólo me considero recolector sinon tamén cuidador,explicome,vos sabedes que as miñocas apañanse nos tramos finales das desembocaduras dos ríos,e nos últimos anos o cambio climático está facendo estragos no medio marino porque se xuntan moitos factores en contra,moita agua dulce da choiva,contaminación,cambio de ciclos,etc .Cando se apaña a miñoca nas praias e se levanta o terreno,o millor que se debe facer despois e volver a “achandar”dito terreno e non deixar buratos profundos donde se deposite o clásico verdello e restos que trae a marea porque co tempo pudre e ahí sí que non cría nada,o curioso é que nós cando removemos o terreno facilitamos que se oxigene e despois de un descanso de apenas uns meses no mesmo lugar volve a dar mais miñoca aínda,eso sí,no suposto que non se labre o terreno,co paso dos anos ponse mais “fecheiro”e duro e así si que non cría nada,eu teño visto praias moi productivas que por deixar de traballalas deixaron de críar nada e ahora son totalmente inertes.
    As miñocas son moi sensibles os cambios de clima porque retrasalle os ciclos de cría e desarrollo,detrás dun inverno seco ven un bo ano de miñoca pero cun inverno malo,hai moi pouca e cando empeza a ter un tamaño óptimo xa empeza a ponerse “leiteira” alá polo mes de agosto/septiembre,repito o de antes,sempre dentro dun control óptimo,cando se apañan miñocas na praia facilitamos que se oxigene o terreno,e sempre vamos a facilitar que cada ano teña unha producción mais alta,sempre deixando o terreno como estaba o principio e dándolle un periodo de descanso de entre 4/5 meses,xa que é moi perxudicial remover o terreno constantemente.
    Tamen leín no artículo que as tendas náuticas de Galicia sólo traballan un 7% de cebo de fora,pois discrepo porque a todos nos gustaría ter moito cebo autóctono pero debido a escasez e tamén que o cebo que producen as nosas praias está moi solicitado prácticamente en todo o país,as tendas vense obligadas a vender moito cebo asiático,o famoso “coreano”que se extrae nos lodos dos ríos na zona de Vietnam e China,hai proveedores que importan auténticas barbaridades de este tipo de cebo vivo e todas as tendas o venden porque foise introduciendo pouco a pouco no mercado e ahora mesmo o pescador recreativo é o que mais solicita.
    Como decides no artículo,éste tipo de especies pode dañar o medio mariño,pode ser pero por ahora no fixo,aunque opino que todo o que ven de fora non trae cousa boa,de feito ahí están as famosas especies invasoras,aquí na nosa ría por exemplo a ameixa xaponica pouco a pouco foise facendo forte e mermou moito a producción da ameixa fina e babosa,xa me despido e espero que éste escrito aclare un pouco o que está pasando nas nosas rías tan castigadas nestes últimos anos e o declive de unha gran industria como foi a pesca e o marisqueo.Saludos dende O Freixo de Outes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificado un mecanismo que contribúe ao desenvolvemento temperán do alzhéimer

As investigacións sobre a proteína SFRP1 indican que podería ser importante nas primeiras fases e abre a porta a novas dianas terapéuticas

A imprescindible lista de cultivos que precisas para sobrevivir nunha apocalipse nuclear

Remolachas azucreiras, espinacas e cenorias son algunhas das plantacións que recomenda un novo estudo científico, aínda que depende do clima

Otilia Mó ingresa na Academia de Ciencias cun discurso en defensa da educación pública

A galega foi pioneira na química cuántica no país e está moi implicada no fomento na incorporación das mulleres á investigación

Un descubrimento galego acha novas claves para frear o avellentamento

Un estudo do CiMUS apunta ás dietas de restricións calóricas como base para evitar certas mutacións nas mitocondrias