A obesidade, unha nova ameaza para as mascotas

A calidade e a esperanza de vida das mascotas estase vendo mermada, especialmente, por cuestións de sobrepeso

Os animais de compañía presentan cada vez con máis frecuencia problemas de saúde vinculados ao exceso de peso. Segundo a Association for Pet Obesity Prevention (APOP), máis da metade dos cans en EE.UU. padecen sobrepeso ou obesidade. E, en España, estímase que arredor do 33% dos cans que asisten ao veterinario presentan un cadro de sobrepeso.

Para evaluar o peso dos animais domésticos, cans e gatos, os veterinarios válense do Índice de Condición Corporal (ICC) que se centra no estudo da grasa corporal de cada un deles. Deste xeito, empréganse dúas escalas de medición: a escala de 5 puntos e a de 9 puntos, de maneira que o obxectivo é que o animal se atope entre 2,5-3 na primeira escala, ou ben entre 4-5 na segunda escala.

Publicidade

Causas e síntomas de exceso de peso

Entre as causas principais de peso excesivo en animais atópanse a idade avanzada e a vida sedentaria. Moitas outras razóns poden estar relacionadas con comportamentos e prácticas dos seus propietarios, ben por subministrar dietas excesivas ben por non permitir ou favorecer que os animais fagan exercicio físico suficiente. O director do hospital veterinario universitario RofCodina, González Cantalapiedra, explica que, no caso dos cans, “cómpre pasealos, pero pasealos ben, ata cansalos”. Non obstante, segundo a investigadora do grupo Cirurxía, Radioloxía e Ecografía Veterinaria da USC, Silvia Fernández Martín, existen aínda máis factores de risco, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, que aínda están a estudarse.

Proxecto de investigación do hospital veterinario Rof Codina

Para paliar problemáticas de saúde deste tipo, lévanse a cabo diversas medidas de prevención, como a do hospital veterinario universitario RofCodina do Campus de Lugo da USC, que lanza unha campaña de control e reducción de peso para cans e gatos en idade adulta. O proxecto de investigación está coordinado por Antonio González Cantalapiedra, María Luisa Suárez Rey e Silvia Fernández Martín.

Publicidade

A idea nace a partir da observación dos veterinarios de que cada vez é máis usual que asistan a súa consulta animais con obesidade e sobrepeso, especialmente no caso das especies felinas. Neste sentido, ofrecen revisións de balde do estado de saúde dos animais, ademais dunha dieta gratuíta durante tres meses. Segundo Silvia Fernández Martín, o proxecto, cuxa principal finalidade é mellorar a calidade de vida destes seres, está tendo moi boa acollida xa que “os propietarios están cada vez máis concienciados e preocupados” e que incluso “contactan persoas doutras provincias, como A Coruña ou Pontevedra”.

Tratamento da obesidade

Dende o programa de investigación da USC, buscan concienciar aos propietarios da importancia de manter as súas mascotas nun peso saudábel e insisten tamén na prevención. Neste sentido, os veterinarios centran o tratamento da obesidade nun programa gratuíto de tres meses que, mediante pequenas intervencións dietéticas, pretenden acadar unha perda parcial de peso, e incluso unha mellora na calidade de vida, especialmente naqueles pacientes que presenten enfermidades para poder alixeirar a súa sintomatoloxía.

Así, implantarán unha mesma dieta húmida hipocalórica para tódalas mascotas, para acadar datos comparables entre si de cara o estudo, do que esperan obter os resultados antes do verán de 2023. Asemade, en función das rutinas de cada propietario, hábitos como poden ser a otorgación de premios alimenticios, os veterinarios seguirán permitíndoos pero de forma cuantificada e suxeridos por eles para que sexan sempre saudables.

Con todo, Silvia Fernández Martín, sinala que hai que estudar cada caso de forma individualizada xa que moitos pacientes levan anos tomando dietas hipocalóricas, con piensos para control de peso, e seguen con gordura. Porén, nestes casos, dende o grupo de investigación pretenden descubrir se existe algún problema modificable, como unha mala conducta alimentaria, aínda que existen certos factores que non poden controlarse e que non dependen dos profesionais veterinarios.

A súa vez, hai que ter coidado cos métodos a empregar, xa que unha perda de peso moi acusada por mor dunha dieta restrictiva, pode propiciar a aparición de complicacións, causando, principalmente, alteracións a niveis metabólicos. Neste sentido, a perda de peso corporal non debe superar o 1% ou 2% do total á semana, de modo que, mediante este proxecto, nun período tan curto de tempo só se poderá conseguir unha perda parcial.


Para participar neste programa de investigación da USC o único requisito que deben presentar os animais é que estean acostumados a comer, exclusivamente, alimento para mascotas. As persoas interesadas poden obter máis información a través do número de teléfono 982 820 920 ou no enderezo de correo electrónico obesity@rofcodina.org.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catro de cada dez galegos tomaron tranquilizantes nalgunha ocasión

Un informe do Sergas sobre condutas de risco destapa unha problemática xeneralizada en torno á saúde mental, cunha especial incidencia nas mulleres adultas de entre 45 e 64 anos

Soledad Torres, de atlanTTic: “Pertencer a un colectivo minorizado como o da muller é un desafío”

A enxeñeira e investigadora do centro atlanTTic da Universidade de Vigo participa en proxectos de fomento relacionados coa presencia femienina en STEM

A alimentación das vacas galegas xa non é un segredo: pódese trazar a través do leite

Investigadores galegos poñen a punto unha tecnoloxía capaz de discriminar os alimentos consumidos polas vacas a través de mostras da leite producida

As conas de vella voltan ás praias galegas

Aparecen novos exemplares deste molusco gasterópodo, cuxos varamentos aumentaron nos últimos anos e para os cales a ciencia aínda non atopa resposta