Un equipo de investigadores acaba de facer público o achado dunha nova especie de bufo dos bosques en África Central. Concretamente vive en illa de Príncipe (Santo Tomei e Príncipe) e as súas características descríbense na revista ZooKeys.
Grazas a múltiples evidencias como a súa morfoloxía, cor, patrón de plumaxe, vocalizacións e xenética describiuse esta ave á que se chamou oficialmente como moucho de Príncipe, ou Otus bikegila.
Os datos foron recompilados e procesados por un equipo internacional dirixido polo centro de investigación CIBIO e encabezado por Martim Melo tamén do Museo de Historia Natural e Ciencias da Universidade do Porto (Portugal), Bárbara Freitas, investigadora ademais do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN) e Angelica Crottini.
“Otus” é o nome xenérico dado a un grupo de pequenos bufos que comparten unha historia común. Atópanse en toda Eurasia e África e inclúen especies tan estendidas como o autillo euroasiático (Otus scops) e o autillo africano (Otus senegalensis).














