A duna de Riazor queda mergullada pola alerta laranxa

Unha nova fronte axexou dende o domingo o país e deixou caer chuvia en case todo o territorio e un vento singularmente forte

Galicia quedou este luns nunha situación intermedia entre altas e baixas presións que fixo que o ceo estivera parcialmente nubrado con precipitacións intermitentes pola mañá que foron remitindo co avance do día. Porén, o temporal no litoral galego, nomeadamente na provincia da Coruña, deixou fortes ondadas que chegaron a mergullar case por completo a duna da praia de Riazor. Non era para menos. Contra a fin da fin de semana, os servizos meteorolóxicos da Xunta de Galicia elevaron a laranxa a alerta polos fortes ventos do litoral. A forza das ondas durante a pleamar fixo que a auga chegase a arrecunchar a duna conta o paseo marítimo da capital coruñesa. Malia os fortes ventos e as chuvias dispersas, dende o Concello da Coruña explicaron que non houbo ningún incidente de gravidade.

https://twitter.com/EloyTP/status/1589630034410893313?s=20&t=Z2t7UHoLZXBFz63T2ankIw

O causante destas inclemencias segue a ser o vento do sur que dende a mañá do luns até a noite tornou cada vez máis intenso e que trouxo unha das noites máis frías do que vai de outono. O luns sen dúbida foi singularmente ventoso, con chuvascos na metade oeste durante o día e con chuvias en toda Galicia na madrugada. No mar, non só en Riazor, as ondas de máis de 5 metros mantivéronse activas ata ás 12.00 horas. “O paso da fronte deixou durante a madrugada rexistros de vento e chuvia destacados como vemos nos mapas. Hoxe martes continuaremos con circulación do suroeste con chuvascos intermitentes, máis frecuentes durante a mañá na metade sur. O vento irá amainando na segunda metade da xornada”, argumentan dende MeteoGalicia.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra durante o xoves

Galicia quedará ata o próximo sábado baixo a influencia dun anticiclón que tamén provocará avisos no centro de Lugo, interior da Coruña e montaña de Ourense

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Do chorro polar ás dinas: as claves do drástico cambio de tempo en Galicia a partir do mércores

A influencia anticiclónica debilitarase na segunda metade da semana coa previsión de ceos nubrados, temperaturas suaves e chuvascos ocasionais

Catro días de incógnita

Días antes da eclipse do 12 de agosto, a meteoroloxía e a nubosidade seguen a ser as preguntas máis frecuentes para asegurar a observación. Por Andrea Veiga