Venres 29 Marzo 2024

A desaparición dos cans de La Palma forza a retirada da empresa galega que os ía rescatar

Imaxes captadas polos drons de Aerocamaras rexistran pegadas humanas nas inmediacións do estanque onde se refuxiaban os podencos

“Confirmamos que hai pegadas na zona na que se refuxiaban os cans. Por iso sabemos que alguén entrou alí”. Así o explicou Jaime Pereira, o responsable de Aerocamaras, a empresa galega que se ofreceu voluntaria para rescatar os podencos atrapados pola lava. Tamén ratificou a existencia dunha pancarta, na que se pode ler: Fuerza La Palma, los perros están bien. Unhas palabras asinadas por un “Equipo A” do que, ata o momento, se descoñece a identidade. Dados os últimos acontecementos, Aerocamaras anuncia que se retira: “Temos que volver á casa. Demos todo o que puidemos”.

Antes de viaxar de novo a Galicia, Pereira e o seu equipo queren ver os cans que levan buscando dende hai días. “Hai rumores de que apareceron en La Laguna, que foron liberados antonte, outros din o luns… Hai moitas versións”, apunta. O único que poden confirmar é que os cans non se atopan nas inmediacións do estanque onde se refuxiaron. “Agora só falta que aparezan”, pediu Pereira, ao tempo que insiste en que irán ver os podencos tan pronto poidan.

Publicidade

Zona de difícil acceso

Isto abre todo un panorama de dúbidas. Optouse por facer un recate por drons porque a zona na que estaban os cans era de moi difícil acceso, debido á alta temperatura do magma. “Sabemos que non saíron polo seu propio pé porque se lles levaba comida e bebida. Nesas condicións, un can non sae camiñando só por encima da lava, aínda que xa estivera seca”, reflexionou Pereira. Segundo seguiu explicando, os veterinarios e asociacións cos que estiveron a traballar estes días consideran “moi difícil” que os cans tomasen a decisión de atravesar a colada sós.

As pegadas humanas nas inmediacións do estanque, xunto á pancarta, fan entender que os animais foron liberados. Dende Aerocamaras aseguran que a lava que rodeaba o refuxio dos animais estaba a temperaturas que oscilaban entre os 40º e os 70º nalgunhas zonas e que chegaron a acadar os 150º noutras. Sen querer entrar en máis detalle, Pereira concluíu: “dunha maneira ou doutra os cans están fóra, que é o que a nós nos interesa”.

“Dunha maneira ou outra os cans están fóra, que é o que nos interesa”

O equipo de Aerocamaras xa leva varios días na illa para tratar de efectuar o rescate. Onte fixeron un recoñecemento da zona. Para iso, empregaron un equipo que contaba cunha cámara térmica, coa idea de identificar os animais se estaban escondidos. Sen éxito. Ademais deses aparellos, contaban con altavoces que simulaban sons para atraer os cans e cámaras de aumento. E todas as imaxes rexistradas confirman a ausencia dos podencos. Uns cans dos que aínda non se sabe nin o número nin a identidade dos seus donos.

O apoio recibido

Todos estes labores de recoñemento leváronse a cabo dende un pequeno cumio. Aerocamaras asegura que non é unha zona sinxela, pois tiveron que realizar manobras especiais para despegar e aterrar. Malia o seu esforzo nos últimos días, confirman a súa retirada. Non sen antes agradecer o apoio recibido durantes estes días. Ao mesmo tempo, esperan que este caso sirva para crear conciencia acerca da situación dos podencos, un can empregado habitualmente para a caza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:05

Un voo de alto nivel para a loita contra os incendios

Investigadores da UVigo someten a unha proba final o dron intelixente que deseñaron para reforzar os sistemas de extinción e protexer os bombeiros

Que nos ensinou a erupción de La Palma un ano despois

Faise un ano dende que o volcán de Cumbre Vieja comezou a expulsar lava cara ao exterior e non rematou ata varios meses despois

Unha imaxe do volcán da Palma gaña un concurso fotográfico da NASA

As galardoadas no Torneo da Terra asocian as imaxes dos satélites cos catro elementos da natureza: terra, auga, aire e lume

Drons con garras bioinspirados en paxaros: “Serán máis seguros e eficentes”

Aníbal Ollero, eminencia mundial dos vehículos aéreos non tripulados e novo membro da Real Academia Galega de Ciencias, vislumbra as posibilidades do sector