A ciencia augura que o mundo terá máis arcos da vella

O cambio climático está mudando a natureza e un dos efectos futuros será o incremento da aparición deste fenómeno no ceo

Unha das consecuencias máis inusuais do cambio climático poderá ser a aparición de máis arco iris no ceo en todas as partes do mundo. En efecto, para o ano 2100, os científicos estiman que aumentarán nun 5%.

Un novo estudo, levado a cabo pola revista científica Global Environmental Change revela que detrás dos efectos menos evidentes do cambio climático atópase o incremento, en termos de días no ano que se dean as condicións axeitadas, para avistar, cando menos, un arco iris.

Publicidade

Desenvolvemento do estudo

A través da consulta de diversas fontes, tales como imaxes, datos climáticos globais e un modelo informático, os investigadores atoparon que arredor do 21% ao 34% das áreas terrestres presenciarán menos destes “días de arco iris”, mentres que do 66% ao 79% verán aumentar estes fenómenos a medida que o planeta se quenta.

Albiscar máis fenómenos ópticos deste tipo non é consolo suficiente fronte a outras consecuencias negativas climáticas, como a seca ou as inundacións torrenciais. Por iso, os investigadores pretenden dar con menos efectos tanxibles nas predicións do cambio climático para poder resaltar o que chegará a mudar a natureza. “Preguntábame como o cambio climático podía influír nas oportunidades de ver o arco iris”, manifesta a científica Kimberly Carlson, que actualmente traballa na Universidade de Nova York.

Publicidade

Os prognósticos leváronse a cabo a través do estudo de múltiples imaxes públicas de arco iris dispoñibles no sitio web Flickr. Se nestas imaxes foi rexistrada a ubicación, foron referenciadas contra mapas de precipitacións, cobertura de nubes e o ángulo do Sol. Deste xeito, o equipo de investigadores valeuse destes datos para adestrar un modelo que poida presaxiar os cambios no clima global nos vindeiros anos.

Puntos de referencia

Co paso do tempo, os mellores lugares para presenciar arcos da vella serán as illas. “Ao vivir en Hawai, sentinme agradecida de que os impresionantes e efémeros arco iris formasen parte de miña vida diaria”, expón a científica Kimberly Carlson. Por ende, e máis en concreto, illas como as de Hawái serán puntos de referencia ideais debido a topografía que presentan. “Isto débese a que o terreo da illa eleva o aire durante as brisas mariñas diarias, producindo choivas localizadas rodeadas de ceos despexados que deixan entrar o sol para producir maxestosos arco iris”, expresa o científico atmosférico Steven Businger, da Universidade de Hawai en Manoa.

Vínculo entre o fenómeno óptico e a cidadanía

Os científicos non abordaron en profundidade a repercusión destes cambios nas actitudes e no benestar das persoas. Non obstante, afondaron sobre a longa historia compartida que os individuos teñen cos arco iris, xa que impuxeron a cultura humana en todo o mundo, remontándose á antigüidade.

Os expertos tamén consideran a conexión que establecen entre o home e a natureza os fenómenos como o arco iris (así como os espellismos e as auroras). Parte do desafío de enfrentar con éxito a crise climática é facer que as persoas se preocupen o suficiente polo seu entorno natural como para querer protexelo.

Así mesmo, espérase que as áreas densamente poboadas e, probablemente, que presenten smog, xunto coas proxectadas para ter máis días secos e menos precipitacións en xeral, percibirán menos arco iris, un recordatorio do que toda a cidadanía pode perder.

“O cambio climático xerará cambios xeneralizados en todos os aspectos da experiencia humana na Terra”

KIMBERLY CARLSON, científica na Universidade de Nova Iorque.

O equipo de investigadores que se atopa detrás deste novo estudo quere ver máis dun enfoque nas partes do sistema da Terra que non se poden tocar ou cuantificar facilmente, e que poden afectar o benestar e sentido de conexión de formas máis sutís. “O cambio climático xerará cambios xeneralizados en todos os aspectos da experiencia humana na Terra”, expón Carlson. “Os cambios en partes intanxibles da nosa contorna, como o son e a luz, son parte destes cambios e merecen máis atención por parte dos investigadores”, explica.


Referencia: Global rainbow distribution under current and future climates (publicado en Global Environmental Change)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra 18 mortes en maio asociadas á calor extrema

A provincia da Coruña foi a máis golpeada ao sumar 15 dos falecementos totais do mes, mentres que Ourense non rexistrou ningún

Regresa El Niño, o fenómeno que incrementa (aínda máis) as temperaturas a nivel global

O evento meteorolóxico causa episodios atmosféricos extremos e podería deixar un outono máis chuvioso en Galicia

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Congro, ostra e vieira: máis de 60 especies están afectadas polo cambio climático nas Rías Baixas

Unha investigación do Centro de Investigación Mariña analiza o impacto presente e futuro dos episodios meteorolóxicos extremos sobre a fauna mariña galega