Aquí podes descargar en galego o Calendario Científico Escolar 2020

O CSIC publica esta obra educativa de balde coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses

Sabías que Urano foi sobrevoado por primeira vez pola sonda Voyager 2 o 24 de xaneiro de 1986? Que Margarita Salas, a investigadora do CSIC que desenvolveu a patente máis rendible de España, naceu un 30 de novembro de 1938? Ou que Brian May, guitarrista de Queen e astrofísico, publicou en Nature o primeiro artigo da súa tese doutoral o 15 de decembro de 1972? Nacementos de investigadores e investigadoras de renome, avances científicos e curiosidades como estas foron reunidas no Calendario científico escolar 2020, que recolle para cada día do ano un aniversario científico ou tecnolóxico.

A iniciativa é froito do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade de León, e contou coa colaboración dun amplo número de profesionais da educación e outras persoas voluntarias que, tras unha invitación pública á participación, buscaron e propuxeron aniversarios. Entre as institucións colaboradoras, destacan os Museos Científicos Coruñeses.

Publicidade

Dirixido fundamentalmente ao alumnado de Primaria e ESO, o calendario está acompañado dunha guía didáctica con actividades que poden ser adaptadas a distintos rangos de idade e materias.

Para favorecer a súa utilización nas aulas, os materiais están dispoñibles en castelán, galego, eúscaro, catalán e asturiano.

Publicidade

“Fixemos un esforzo por dar a coñecer persoas e achados do presente co obxectivo de achegar a cultura científica á poboación máis nova”, explica Pablo Gutiérrez Torral, coordinador do proxecto. “Ademais, puxemos especial atención no uso dunha linguaxe non sexista e en asegurar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas, para poñer ao dispor do alumnado referentes que promovan as vocacións científico-técnicas entre as nenas e adolescentes”, sinala o investigador do CSIC.

Aquí podes descargar o Calendario Científico Escolar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro