O galego César de la Fuente recibe o prestixioso premio Langer

O galardón outorgado ao científico coruñés leva o nome de Robert Langer, un dos enxeñeiros máis citados da historia

O investigador César de la Fuente (A Coruña, 1986) recibe un novo recoñecemento á súa prometedora traxectoria. O Instituto Americano de Enxeñeiros Químicos (AIChE) vén de premialo co primeiro Premio Langer á innovación e excelencia en emprendemento. Este galardón outórgase na honra de Robert Langer (Albany-Nova York, 1948), un dos enxeñeiros máis prestixiosos e citados da historia, que recibiu, entre outros premios, o Príncipe de Asturias ou o Breakthrough Prize en Ciencias da Vida.

O premio Langer, creado este mesmo ano, ten por obxectivo apoiar aos talentos emerxentes nas primeiras etapas da súa carreira, e promover a creatividade dos investigadores para afrontar desafíos de alto risco e alto impacto e así acadar avances disruptivos. O científico galego recibirá da fundación AIChE unha axuda de máis de 100.000 dólares para avanzar nas súas liñas de investigación.

Publicidade

De la Fuente, actualmente profesor e investigador nos departamentos de bioenxeñaría, microbioloxía e psiquiatría da universidade de Pennsylvania, é un dos máis prometedores científicos no estudo da ameaza da resistencia bacteriana. Dirixe na actualidade o grupo Machine Biology, onde afonda no deseño de proteínas, bioloxía sintética, bioenxeñería, microbioloxía e bioloxía computacional para achegar novas terapias contra doenzas infecciosas, pero tamén fronte ao cancro. Os seus achados xa deron pé a numerosas patentes e máis de 70 publicacións. En 2019, César foi escollido polo MIT Technology Review como un dos mozos menores de 35 anos máis innovadores a nivel mundial polas súas investigacións, e foi tamén elixido no Top-10-Under-40, ademais de recibir o premio como mellor investigador novo da Sociedade Hispánica de Enxeñeiros.

César de la Fuente é licenciado en Biotecnoloxía pola Universidad de León e realizou o seu doutoramento no laboratorio do doutor Robert Hancock, na Universidade de British Columbia, en Vancouver Canadá), onde se especializou no descubrimento de novas terapias para o o tratamento das infeccións bacterianas. Ten recibido numerosos recoñecementos de institucións de prestixio como o propio MIT, a Harvard Medical School, a Sociedade Americana de Microbioloxía, a Fundación Ramón Areces ou la Caixa.

Publicidade

Aquí podes ler a entrevista que GCiencia lle fixo hai uns meses:

César de la Fuente: “No 2050, as superbacterias poderían ser a maior causa de morte”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas