As mulleres que contan a ciencia reúnense na Coruña

Por que é tan importante ter referentes femininos que conten e divulguen a ciencia? Por que poucas mozas e mulleres se interesan por estudos como a informática e determinadas enxeñarías? Hai unha divulgación para homes e outra para mulleres? Estes son algúns dos temas que abordará a charla que acolle mañá a Domus ás 19.30 da tarde. Cando elas contan: divulgación científica en feminino será o título da conferencia na que falarán divulgadoras de referencia como Clara Grima, Carmen del Puerto, Águeda Gras e Joana Castro.

Durante o coloquio presentarase tamén o libro “Científicas”, de Jorge Bolívar

A charla forma parte da programación da Semana da Ciencia que organizan os Museos Científicos Coruñeses. Durante o evento celebrarase tamén a presentación do libro Científicas. La apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia, traballo gañador do premio Prisma 2017 ao mellor texto inédito, e que acaba de ser editado por Guadalmazán. Estará presente o autor do libro, Jorge Bolívar.

Publicidade

Segundo explican desde a organización, “nos últimos anos xurdiron moitas iniciativas que buscan promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, tamén no ámbito das ciencias e da tecnoloxía”. Neste coloquio, aberto á participación do público, abordarase as claves dos problemas que dificultan esta igualdade, así como as ferramentas para conseguila.

As participantes son divulgadoras de recoñecido prestixio. Clara Grima é matemática e divulgadora, e recibiu este ano o Prisma especial do Xurado 2018. Carmen del Puerto Varela é xefa da Unidad de Comunicación y Cultura Científica do Instituto de Astrofísica de Canarias e presidenta do xurado dos Prismas 2018. Águeda Gras traballa como directora do departamento de educación das ciencias de European Schoolnet e foi membro do xurado dos Prismas 2018. Joana Castro Barros é coordinadora da Associação Viver a Ciência, e tamén membro do xurado dos Prismas 2018.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids