Portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses pola Semana da Ciencia

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 12 ao domingo 18 de novembro, sete días de portas abertas con motivo da Semana Internacional da Ciencia. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, ofrecendo á cidadanía a ocasión de visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.

O momento culminante da semana será o sábado 17 de novembro, no que se celebrará a entrega dos Prismas á Divulgación. O venres 16 está programada a presentación do libro Científicas. De la fuerza del rayo a la hélice de la vida, de Jorge Bolívar,  gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito, e que acaba de ser editado pola editorial Guadalmazán. Posteriormente, catro científicas e divulgadoras de prestixio participarán na tertulia titulada “Cando elas contan: divulgación científica en feminino”.

Publicidade

Programa completo da Semana da Ciencia: 

– Do 12 ao 18 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, de 10 a 19 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18 horas).

– 14 de novembro. Conversas coa ciencia. Coloquio dirixida por Manuel Vicente, coa participación das investigadoras coruñesas Estela Area Gómez,profesora asistente no departamento de Neuroloxía da Universidad de Columbia, e Sandra Barral Rodríguez, profesora asociada de Neuroxenética daUniversidad de Columbia.  Na Domus, ás 19.30 horasEntrada libre ata completar capacidade.

– 16 de novembro. “Cando elas contan: divulgación científica en feminino”. Mesa redonda e presentación do libro Científicas. De la fuerza del rayo a la hélice de la vida, de Jorge Bolívar. Na Domus, ás 19.30 horas. Entrada libre ata completar capacidade.

– 17 de novembro. Actos de entrega dos XXXI Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.

 – 11.00 horas, na Domus. Presentación dos traballos gañadores dos Prismas 2018.  Entrada libre.

– 13.00 horas. Entrega dos Prismas 2018. Salón de plenos do Concello da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:35

Unha vintena de luras que cambian de cor, novas hóspedes do Aquarium Finisterrae

A especie 'Loligo vulgaris' distribúese por todo o Atlántico oriental, vive a unha profundidade de 500 metros e ten tres corazóns

Unha primeira edición de ‘20.000 leguas de viaxe submarina’ chega ao acuario da Coruña

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias cedeu o exemplar para a súa exhibición na sala Nautilus

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia con entradas gratuítas

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae permitirán o acceso sen custo ás súas instalacións dende o 9 ao 17 de novembro

O gabinete do Capitán Nemo máis espectacular, no Aquarium da Coruña

Un vídeo feito polos traballadores do Aquarium Finisterrae amosa a Sala Nautilus dende a perspectiva dos peixes que nadan ao seu redor