O delicado proceso da captura da sardiña: así se trasladan ao Aquarium Finisterrae

O acuario coruñés comparte un vídeo divulgativo para que os usuarios comprendan como é a recolección no mar desta especie e o seu coidadoso traslado ás instalacións

A presenza da sardiña nun acuario non é un feito habitual. Estes peixes destacan polo seu interesante comportamento: reúnense en grandes bancos. Así, o Aquarium Finisterrae da Coruña quere mostrar ao seu público esta costume que caracteriza á especie clupeiforme. Para iso, deben capturalas, un proceso complicado de realizar, polo que dende a institución comparten un vídeo divulgativo na súa canle de YouTube, onde mostran como fan esta delicada tarefa de recolección dende o mar.

Dentro dos límites do acuario, atópanse dous bancos de sardiñas. A pesar de ser difíciles de manter, tratan de garantir o seu benestar dende o momento da captura dos exemplares. O proceso é extremadamente coidadoso por parte do persoal do Aquarium, cunhas fases medidas para evitar complicacións.

Publicidade

Nun primeiro momento, o barco cércase deixando un gran volume na rede, como se pode observar neste vídeo. Despois, colléitanse as sardiñas e deposítanse nun tanque con subministración de osíxeno e circulación de auga. Así, aseguran á especie con gran coidado, pois son moi delicadas.

Deste xeito, trasládanse ao recinto coruñés nas mellores condicións para a súa incorporación á colección biolóxica do acuario, que se leva a cabo en mans dos traballadores, coa fin de mostrar a un público con sede de aprender este peixe, para admirar a sincronía do seu movemento en grupo.

Publicidade

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A xouba capturada de forma artesanal, un manxar tan saudable como sostible

A sardiña é unha fonte portentosa de ácido graxo omega-3, un composto clave pola súa actividade biolóxica a nivel estrutural, metabólico e cardiovascular. Por Gumersindo Feijoo Costa / USC

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas