A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebra o seu 30 aniversario

A entidade, que colabora cos Museos Científicos Coruñeses e o Muncyt, tamén organiza dúas conferencias sobre a relación entre música e ciencia

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) dedica un concerto, o próximo día 17 de novembro, ao 30 aniversario da creación da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AACC), un acto ao que se poderá asistir con invitación. Como acto previo ao concerto, a entidade presidida por Julio Casal González tamén organiza dúas conferencias que versarán sobre a relación entre música e ciencia para celebrar as súas tres décadas de historia. A asociación, que naceu “co obxectivo de apoiar as actividades desenvolvidas polo primeiro dos museos científicos da cidade, a Casa das Ciencias” tamén colabora cos outros tres centros deste tipo que hai na urbe: a Domus, o Aquarium Finisterrae e o Muncyt.

A pesar de que a data exacta de creación da entidade foi o 13 de xullo, o programa do aniversario coincide coa celebración en torno á Semana da Ciencia, do 11 ao 19 de novembro. Con motivo deste evento haberá varias actividades que conmemoren os achados e investigacións científicas, neste contexto, a Domus acolle a conferencia da poeta, música e astrónoma afeccionada Estíbaliz Espinosa baixo o título Onda Nós (música e astronomía na Coruña polímata)’. E a charla da man da pianista e divulgadora Almudena M. Castro, que versará sobre A beleza dos pequenos números no Palacio da Ópera. Ambas as conferencias teñen entrada libre ata completar aforo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cantas persoas naceron o mesmo día ca ti? Compróbao nesta aplicación

O Instituto Nacional de Estatística ofrece unha ferramenta interactiva que permite descubrir canta xente está de aniversario en España nun día, mes e ano concretos

O mapa musical de Galicia: as citas máis importantes do verán

Os Concertos do Xacobeo 2025 traen este ano 40 eventos e máis de 500 artistas para reforzar a posición da comunidade a nivel internacional

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades

De peixes mutantes a súper quenllas: os 14 obradoiros cos que o acuario da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal

Profesorado da Universidade da Coruña impartirá diversos talleres sobre saúde, bioloxía e os animais máis característicos do museo