Varias das aves afectadas polos vertidos, atopadas na praia da Lanzada. Foto: BDRI.
Varias das aves afectadas polos vertidos, atopadas na praia da Lanzada. Foto: BDRI.

Varias verteduras na costa de Galicia provocan a morte de aves

Medio Ambiente confirma a localización de aves en boa parte do litoral que apareceron afectadas por unha "substancia aceitosa"

Numerosos puntos da costa galega entre Baiona e Valdoviño están a ser escenario nos últimos días da aparición de varias especies de aves con sinais de contaminación por unha substancia procedente de verteduras procedentes de barco, posiblemente ‘sentinazos‘. Diversas fontes localizaron exemplares de arao papagaio (Fratercula arctica), arao romeiro (Alca torda) e gaivotas, ao longo do litoral. A maioría deles, sobre todo araos papagaios, apareceron xa mortos, e outros foron trasladados, segundo informou a Consellería de Medio Ambiente, ao centro de recuperación de fauna de Oleiros para seren atendidas.

Unha das denuncias xurdiu do BDRI, instituto de investigación con base no Grove. O seu director, Bruno Díaz, tivo coñecemento da aparición de animais na praia da Lanzada xa na pasada fin de semana, e desde o luns seguiron aparecendo aves con sinais evidentes de estar afectadas por algún tipo de substancia procedente de verteduras. Desde Medio Ambiente apuntan a que “a priori, non parece petróleo, senón algún tipo de substancia aceitosa“.

A mobilización cidadá recolle máis de 100 aves abeiradas na costa galega

A raíz desta noticia, foron varias as persoas que informaron da aparición de máis aves, alomenos 30, en praias de Baiona, Nigrán, Porto do Son, Ribeira ou Carnota. Desde a Xunta confirman tamén que se recolleron animais en Camariñas, Malpica ou Valdoviño.

A orixe das verteduras pode estar, segundo estas mesmas fontes, na limpeza das sentinas e tanques dos barcos que adoitan resgardarse dos temporais na costa galega; unha práctica ilegal, pero habitual no litoral. “É un problema ao que non se lle pon freo; e por moi habitual que sexa, non se pode permitir”, critica Bruno Díaz. “Estamos falando de zonas que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e isto só é unha pequena parte do problema. Haberá outras moitas aves mortas que nin sequera aparezan, e tamén queda o problema da bioacumulación desa substan

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.