conseguiu criar o IEO de Vigo e cuxa patente mercou Pescanova. Fonte: Pablo Touriñán.

Imaxe dunha das Lourditas, os polbos en catividade que conseguiu criar o IEO de Vigo e cuxa patente mercou Pescanova. Fonte: Pablo Touriñán.

Pescanova compra a patente do polbo de acuicultura

Os investigadores calculan que o cefalópodo criado en catividade pode chegar ao consumidor nun prazo de catro ou cinco anos

O Instituto Español de Oceanografía (IEO) anunciou este xoves que científicos do Oceanográfico de Vigo conseguiron desenvolver o cultivo completo do polbo común (Octopus vulgaris) despois de décadas de ensaios, tal e como adiantou hai unhas semanas GCiencia. Os investigadores superaron, mediante técnicas “revolucionarias“, o colo de botella que impedía a supervivencia das larvas antes de pasaren á etapa xuvenil; unha fase cunhas taxas de mortalidade que facían imposible a viabilidade comercial do cultivo. E ante estes achados a empresa Pescanova, que xa estaba en negociacións co equipo científico e o IEO, xa mercou a patente e incorporará ao seu grupo de I+D aos investigadores que fixeron posible este fito histórico.

Un dos polbos que o Instituto Español de Oceanografía conseguiu criar en catividade. Fonte: IEO.

Un dos polbos que o Instituto Español de Oceanografía conseguiu criar en catividade. Fonte: IEO.

As probas realizadas no IEO de Vigo por Ricardo Tur, Pedro Domingues, Eduardo Almansa, Pablo García, Evaristo Pérez e María Lago, todos eles xa en colaboración con Pescanova, e baseáronse nun novo protocolo de cultivo que aumentou por riba do 60% a supervivencia das paralarvas, ademais de reducir os custes na alimentación. Uns resultados “espectaculares”. Ata o de agora, era moi difícil atopar alternativas á alimentación das crías de polbo nesta etapa crítica, na que consumían larvas de centola: un produto caro, e que ademais obrigada a facer coincidir no tempo as postas do crustáceo e dos polbos.

Fase crítica

Tal e como afonda hoxe o anuncio do IEO, o asentamento da paralarva é unha fase crítica, xa que ademais de mudar a súa alimentación, é o momento no que estes cefalópodos descenden ata o fondo do mar desde a columna de auga. Ata agora, as mellores cifras apenas superaban o 3% de supervivencia.

Estas son as “Lourditas”, os primeiros polbos de acuicultura

Unha vez superado este colo de botella, a investigación terá que pechar o ciclo ata a fase adulta, mediante técnicas de engorde. Porén, agárdase que non haxa dificultades, xa que no caso dos polbos salvaxes é unha tarefa que se leva facendo desde a época romana, e en Galicia segue habendo plantas de engorde das crías, que son alimentadas con descartes de peixe e crustáceos de baixo valor comercial. Nesta fase recae unha das principais ventaxas do cultivo do cefalópodo, xa que ten un enorme potencial reprodutivo e de crecemento: dun peso de miligramos pasa a pesar máis dun quilo en só un ano, e cada femia pode poñer centos de miles de ovos.

Cría de polbo obtida nos cultivos realizados este ano no IEO.

Cría de polbo obtida nos cultivos realizados este ano no IEO.

E unha vez pechada esta fase, o polbo de acuicultura estará dispoñible para o consumidor. Os investigadores son prudentes, e calculan que non estará nas peixerías ata dentro de catro ou cinco anos.

Nos últimos meses, de portas para adentro xa se viña comentando que o anuncio deste fito podería ser inminente. O científico Pedro Domingues deixou caer o pasado 10 de outubro no foro ACUI celebrado no Grove, algúns dos avances: “Desta vai, sen ningunha dúbida”. Tras adiantar “resultados espectaculares”, non comentou máis detalles. Agora confírmase que Pescanova comezará a desenvolver os traballos no seu novo centro de I+D, actualmente en construción no concello do Grove.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.