Martes 19 Marzo 2024

Un estudo revela os segredos da vida diaria do polbo cabezón

O polbo cabezón ou branco (Eledone cirrhosa) é o irmán descoñecido do polbo común (Octopus vulgaris). En Galicia apenas ten valor comercial, e só se ten noticia del cando é capturado por accidente na pesca de arrastre. Porén, a súa presenza tamén é abundante no Atlántico noreste, de Mauritania a Noruega, e na conca mediterránea. Ata agora, apenas se coñecían detalles sobre a súa ecoloxía (reprodución, comportamento, dieta, lonxevidade…) pero o investigador galego Marcos Regueira Fernández acaba de presentar unha tese de doutoramento pioneira que revela a súa vida diaria no noroeste da península Ibérica.

Regueira, coa tutela de Ángel F. González, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e Amadeu Soares, da Universidade de Aveiro, defendeu recentemente nesta cidade portuguesa a súa tese, que foi recoñecida cun sobresaliente cum laude.

Publicidade

O traballo centrouse, segundo explica o investigador, no ciclo reproductivo, distribución, dieta, idade e comportamento da especie. Atopouse, por exemplo, que a época de posta de ovos varía ao longo da área de distribución, mais no noroeste ibérico concéntrase entre maio e xuño.

A rutina do polbo cabezón

Grazas a este estudo foi posible determinar por primeira vez a dieta do polbo cabezón no Atlántico Ibérico, a partir da combinación da análise visual e molecular dos contidos estomacais. “Está composta, principalmente, por crustáceos, peixes e, en menor medida, equinodermos, moluscos e poliquetos. Os principais factores que afectan aos patróns de alimentación son o estado de madurez, o caladoiro de orixe e a época do ano”, explica Marcos Regueira.

Outro dos datos salientables foi o achado de variacións na distribución durante o ciclo reprodutivo. O estudo revelou unha migración estacional a augas costeiras durante a época de posta.

O estudo aporta datos interesantes para o seu posible cultivo en catividade

A investigación tamén conseguiu determinar a idade da especie a través da análise dos aneis de crecemento na cunhca interna de 122 individuos. “A idade estimada variou entre 106 e 516 días e as femias foron máis lonxevas (17 meses) que os machos (14 meses). Baseándose nestas idades, calculouse tamén o momento de eclosión: observouse que aínda que hai nacementos durante todo o ano, estes concéntranse maioritariamente durante o inverno“, indica o científico galego.

Ademais, a tese serviu tamén para coñecer as chaves do comportamento da especie a través da observación nos acuarios do IIM de Vigo de exemplares vivos. “A especie aniña e coida os ovos dun xeito semellante ao polbo común e, en xeral, tolera ben as condicións en catividade, polo que se debería prestar atención á súa aptitude para o cultivo, tanto con fins experimentais como comerciais”, conclúe o autor da tese.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas