Por que hai mareas vermellas nas rías galegas?

Nin son propiamente mareas, nin son sempre vermellas, mais son un fenómeno ben coñecido pola xente do mar en Galicia, sobre todo os mariscadores. Reciben tamén o nome de purga de mar, e débense a unha “explosión” no crecemento de determinadas algas microscópicas que medran nas rías galegas.

O afloramento mariño que ten lugar na plataforma continental galega debido á elevada presenza de fitoplancto permite que as rías sexan unha enorme fonte de vida diminuta, da que se alimentan os moluscos e crustáceos que os mariscadores capturan. Non en tanto, esta gran actividade biolóxica ten tamén os seus inconvenientes.

Publicidade

As toxinas máis habituais en Galicia son as das algas do xénero “Dinophysis”

Baixo determinadas condicións ambientais, con cambios de temperatura ou de correntes, prodúcese un fenómeno natural que causa o crecemento descontrolado destes organismos. Así, a auga tínguese da cor dos pigmentos que estes organismos utilizan para facer a fotosíntese: hainos vermellos, pardos, alaranxados ou verdes.

Os episodios non teñen por que ser sempre tóxicos. Non en tanto, son frecuentes as aparicións de microalgas con toxinas. As máis habituais nas augas galegas son as do xénero Dinophysis, coñecidas como toxinas diarreicas. Algúns moluscos e crustáceos, como a vieira ou mexillón, entre outros, filtran a auga e as toxinas, que se fixan no seu organismo e poden causar problemas de saúde aos humanos en caso de seren consumidos.

Publicidade

Antes da creación dos mecanismos de control, houbo tamén casos de intoxicación amnésica e paralizante. Non en tanto, debido á importancia económica do marisqueo en Galicia, a Xunta creou o Intecmar, organismo responsable dos controis da auga nas zonas de produción. Para anticiparte aos episodios de toxina e garantir un consumo seguro, fanse milleiros de controis. Así, Galicia é un referente a nivel mundial na calidade dos controis sobre de toxinas.

logo_MEIC_FECYT_Web

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona