‘Nature’ lembra a Ángeles Alvariño no seu 102º aniversario

“María de los Ángeles Alvariño González, bióloga mariña e oceanógrafa, foi a primeira muller que subiu como científica a bordo dun buque español e inglés de investigacion”. Así presenta a revista Nature Ecology and Evolution, do prestixioso grupo Nature, á científica galega, que naceu 0 3 de outubro de 1916.

A través da súa conta de Twitter, a revista conta tamén que “desenvolveu a súa carreira investigando o zooplancton microscópico mariño, do que se sabía moi pouco cando ela comenzou a estudalo no Instituto Español de Oceanografía, e despois no laboratorio da Asociación Biolóxica Mariña de Plymouth (Reino Unido).

Publicidade

En 1956, Alvariño conseguiu unha bolsa Fullbright para estudar no Woods Hole Oceanographic Institute de Massachusetts, onde traballou, segundo lembra a revista con outra pioneira na investigación do zooplancton, Mary Sears.

Tamén se lembrou Nature dos importantes achados de Alvariño: “22 especies novas de plancton, máis dun cento de artigos, e especialmente citada polo seu traballo sobre os sifonóforos“.

Publicidade

Unha vida para lembrar, e que hoxe segue na memoria da oceanografía. Así, como conta a prestixiosa revista, “un dos barcos de investigación do IEO leva o nome de Ángeles Alvariño, así como dúas especies de plancton: o quetognato Aidanosagitta alvarinoae e a hidromedusa Lizzia alvarinoa.

 

 

 

 

 

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

Así nos prepara o hipocampo para as sorpresas

Un estudo con rexistros intracraneais amosa que, cando aumenta a incerteza, emite ondas de alta frecuencia que modifican a actividade da corteza visual

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie