Nobel de Química para os ‘domadores’ de proteínas ao servizo da humanidade

Son uns premios Nobel sen precedentes. Nunca antes dúas mulleres obtiveran os galardóns nas categorías de Química e Física no mesmo ano. Despois do recoñecemento a Donna Strickland, o xurado do certame anunciou hoxe que Frances H. Arnold, xunto a George Smith e Gregory Winter, é a gañadora do Nobel de Química.

A Academia sueca recoñeceu aos tres científicos por “tomar o control da evolución e usalo para propósitos que traerán un gran beneficio á humanidade”. No caso de Arnold, polas súas contribucións na “evolución dirixida das enzimas“, o que lle supón levarse a metade do galardón. A outra metade repartirana entre Smith e Winter por un método no que empregan un virus para infectar unha bacteria e facer evolucionar, deste xeito, novas proteínas.

Publicidade

Grazas aos avances destes científicos, hoxe é posible producir enzimas que desenvolvan novos biocombustibles e fármacos, pero tamén para combatir doenzas autoinmunes e, nalgúns casos, as metástases do cancro.

Deste xeito, Frances H. Arnold (Pittsburgh, Estados Unidos, 1956), convértese na quinta muller da historia en gañar o Nobel de Química, despois de Marie Curie (1911), a súa filla Irène Joliot-Curie (1935), Dorothy Crowfoot Hodgkin (1964) e Ada E. Yonath (2009). Arnold é doutora pola universidade de California e profesora de Enxeñaría Química, Bioenxeñaría e Bioquímica no California Institute of Technology, en Pasadena.

Publicidade

Pola súa banda, George P. Smith (Norwalk, Estados Unidos, 1941) é doutor pola universidade de Harvard e profesor emérito de Ciencias Biolóxicas na universidade de Missouri, entre outros moitos cargos e recoñecementos. Gregory P. Winter (Leicester, Reino Unido, 1951), é doutor pola universidade de Cambridge e investigador principal no laboratorio MRC de Bioloxía Molecular da mesma universidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O día que o dobre Nobel de Química coñeceu Galicia

No ano 2008, Karl Barry Sharpless foi convidado por Jorge Mira ao Programa ConCiencia da USC e coñeceu lugares como Fisterra ou o dolmen de Dombate

A elección dunha muller para o Nobel de Química altera a tendencia a premiar investigacións masculinas

O 50% das científicas galardoadas dende 1901 recibiron o recoñecemento nos últimos 20 anos

Nobel de Química 2022 para Carolyn R. Bertozzi, Morten Meldal e K. Barry Sharpless

Os galardoados son os impulsores da química do clic e a química bioortogonal, que serven para facilitar os procesos complexos

O galego no laboratorio do Nobel: “MacMillan é unha persoa fantástica”

O químico lucense David Fernández relata como é o traballo no proxecto do novo premiado, co que colabora na Universidade de Princeton